A difícil reconstrución monetaria do período de entreguerras

Clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,78 KB

Unha vez rematada a 1º Guerra Mundial, aínda que non había unanimidade, predominaba a idea de que conviña recuperar o patrón ouro como forma de volver a impulsar a economía internacional e contribuír á recuperación económica.

Pero, a situación económica era moi distinta á de antes da guerra e ademais esas diferenzas entre países aumentaran. Os diferentes graos de destrución nuns países e noutros e a forma en que se financiou a guerra en cada país; explican parte dese aumento das diferenzas. Entre os problemas de carácter xeral destacan os seguintes:

Problemas xerais

  • Os países tiñan menos reservas de metáis.
  • Había unha situación inflacionaria, que nalgúns países chegaba a hiperinflación.
  • Non se sabía cal era a situación real de cada moeda.
  • A retirada de crédito aos Aliados e as Reparacións constituían un problema engadido.
  • A desconfianza entre uns países e outros: como consecuencia foi moito máis difícil atopar a cooperación que existira antes da 1º Guerra Mundial para defender o sistema do patrón ouro ante ataques especulativos.

Todos estes problemas levaron a que durante os primeiros anos da posguerra se mantivesen os tipos de cambio fluctuantes e houbese moita inestabilidade monetaria.

De tódolos xeitos vaise intentar reconstruír o patrón ouro. Para iso había 2 vías posibles, coñecidas respectivamente como ortodoxa e heterodoxa. A 1º consistía en recuperar a mesma paridade existente antes da guerra (seguida por Gran Bretaña), e a 2º consistía en devaluar a divisa en corcodancia coa verdadeira situación económica e monetaria do país (seguida por Francia). Despois estaban casos máis dramáticos como os de Alemaña, Austria ou Polonia que tiñan os seus sistemas monetarios totalmente destruídos e había que recompoñelos totalmente.

Reconstrución do patrón ouro

Vexamos con detalle en primeiro lugar as opción británica e francesa e, seguidamente o caso alemán, que dentro dos países que estaban en grave situación é o máis relevante.

En Gran Bretaña apenas ninguén dubidaba de que había que vovler o patrón ouro, o debate, por tanto, centrábase en torno ás paridades ás que debía facerse e ao momento. O momento do retorno de Alemaña, Gran Bretaña e Francia ao patrón ouro, levou a que detrás outros países tamén intentarán recuperalo. Pero o certo é que o patrón ouro de entreguerras funcionou moito pero menos de que o fixera antes da 1º Guerra Mundial. A explicación a este peor funcionamento hai que buscala non nos aspectos técnicos relacionados co propio patrón ouro senón en circunstancias económicas, sociais e políticas moi diferentes ás existentes antes de 1914.

Entradas relacionadas: