A diglosia en Galicia: prexuízos e normalización

Clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,91 KB

A diglosia en Galicia: prexuízos e normalización

Funcións da lingua

A función básica dunha lingua é a de servir como medio de comunicación entre os membros dunha comunidade e pode concretarse noutras funcións máis específicas:

  • Función de identidade (a lingua tamén serve para pensar)
  • Familiar (relación entre os membros da familia)
  • Laboral (comunicación no traballo)
  • Local (contacto entre as persoas do mesmo contorno)
  • Institucional (comunicación entre os cidadáns e os estamentos políticos, administrativos…)
  • Cultural (expresar e recibir os saberes da cultura)
  • Internacional (falantes de varios países con linguas diferentes para se entenderen entre si)

A diglosia

A diglosia prodúcese cando existe un desigual reparto de usos entre linguas diferentes ou variantes dunha mesma, e cada unha cumpre unhas funcións distintas na mesma sociedade e úsase en contextos diferentes. Este fenómeno dáse en comunidades, como é o caso de Galicia, en que conviven dúas linguas nunha situación de desequilibrio que pode provocar o conflito lingüístico. A nosa comunidade caracterízase polo emprego dunha ou outra lingua segundo:

Os ámbitos sociais de uso

O galego para as funcións de menor prestixio social e o castelán para as funcións de maior prestixio.

Os espazos xeográficos

O galego úsase máis no rural e o castelán nas cidades.

Os interlocutores

Dependendo do grao de confianza entre os interlocutores, do seu nivel social, usarán galego ou castelán.

Resolución do conflito

A resolución do conflito podería ser a substitución lingüística da Lingua B (o galego) pola Lingua A (castelán), ou a plena normalización lingüística, é dicir, que o galego se convertira en lingua de uso en todos os ámbitos sociais e o castelán quedara relegado a lingua de relación cos falantes ou entidades do resto do Estado.

Obstáculos para a normalización

Un dos obstáculos no camiño da normalización é a vixencia de estereotipos e prexuízos lingüísticos que queren transmitir a idea de que o galego non é válido para os usos formais. Esta situación vén xerando actitudes de “autoodio” e desprezo do propio.

Clasificación dos prexuízos lingüísticos

  • A falta de utilidade do galego: “o galego íllanos do exterior”.
  • O galego asociado á pobreza e ó atraso: “o galego é unha lingua rural”.
  • O galego como sinal de descortesía: “por respecto ás persoas foráneas”.
  • A suposta imposición desta lingua: “o galego é imposto por unha minoría”.
  • A caracterización pexorativa do galego: “o galego normativo é unha lingua artificial”.

Conclusión

Vencer estes prexuízos é tarefa indispensable para que o proceso de normalización da lingua galega teña éxito.

Entradas relacionadas: