A ditadura franquista no País Vasco (1939-1975)

Clasificado en Ciencias sociales

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,1 KB

La dictadura franquista en el País Vasco (1939-1975)

O País Vasco sufriu a ditadura de Franco coa mesma intensidade do resto do Estado. O réxime baseou o seu concepto de Estado no totalitarismo, e en xeral toda a cultura vasca foi reprimida e prohibida.

Posguerra

Nos anos de posguerra o País Vasco sufriu os efectos da represión, aínda que nos primeiros non foi tan brutal, pois a guerra esixía a colaboración da industria vasca. Carlistas, conservadores e falanxistas apoiaron o alzamento mentres que obreiros, sindicalistas e nacionalistas sufriron unha forte represión. Estes anos da posguerra foron economicamente duros pola política económica autárquica.

Co estalido da II Guerra Mundial, pensouse que unha vitoria militar dos aliados podería axudar ao réxime de Franco. Os nacionalistas estreitaron relacións con EEUU, sen embargo, non conseguiron un importante apoio americano nin dos países europeos.

Neste ambiente as forzas vascas asinaron o “Pacto de Bayona” en marzo de 1947 co resto de forzas españolas que apoiaron a República, co obxectivo de restablecer esta e o Estatuto de Autonomía.

Consolidación do réxime

No País Vasco, a oposición interna estivo relacionada co exilio, relacionada pola súa proximidade a Francia. Non obstante os grupos opositores non tiñan aínda capacidade de manobra ata os anos 60.

A partir de 1947, co estalido da guerra fría os aliados pasaron a considerar o réxime de Franco de inimigo a amigo polo seu anticomunismo. Os anos seguintes coa firma do Concordato co Vaticano, os acordos con EEUU e a entrada de España na ONU supuxeron o fin para as esperanzas do nacionalismo vasco.

Durante estes anos o réxime se legitima no exterior. A oposición interior apenas existe e no interior está diezmada, aínda que grupos da oposición conseguen organizar algunhas folgas, o control do réxime foi absoluto.

Non hai que esquecer que o réxime de Franco prometía orde e progreso. Desta maneira a burguesía vasca puido recuperar o poder perdido durante a II República, ademais o Estado contou decididamente con ela.

O desenvolvemento económico favoreceu, ademais, o xurdimiento dun clientelismo do réxime confusamente apolítico. A pequena burguesía, o empresario medio, o funcionariado, etc, compoñían a textura social vasca do franquismo.

O nacemento dunha nova oposición

Co desenvolvemento económico dos anos sesenta o País Vasco foi unha das rexións que máis se transformou economicamente e socialmente. O fronte obreiro organizou dun mellor modo as folgas, pondo en apuros ao goberno. 1962 e 1967 foron os anos máis conflictivos. Para contrarrestalos o réxime acudiu a unha forte represión pero isto empeorou a situación.

Esta oposición vasca estaba protagonizada por grupos obreiros de tendencia socialista e comunista. Neste mesmo sentido opositor evolucionou a Igrexa vasca.

O novo movemento opositor organizado polos frontes obreiros e parte da Igrexa vasca trouxo a revitalización dos sectores opositores do franquismo. A Igrexa terá un protagonismo importante na creación de grupos obreiros de oposición no entorno das parroquias. A Igrexa vasca fará o clero, protagonista das protestas e a Igrexa será a principal propagadora da cultura vasca e da ensinanza do euskera.

No referente ao outro grupo opositor importante, o formado polos grupos políticos, entre eles o PNV, tardaron máis en reaccionar. Euskal Herria coñeceu nos anos cincuenta o nacemento dun novo grupo opositor dentro do ámbito nacionalista (EKIN) que mantivo certa proximidade co PNV, ata a súa ruptura definitiva en 1957, e que máis tarde con outro nome (ETA). ETA incorporou a violencia directa ás súas accións, cometendo o seu primeiro atentado en agosto de 1968.

Entradas relacionadas: