A Diversidade Lingüística na Península Ibérica: O Galego
Clasificado en Matemáticas
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,08 KB
A Diversidade Lingüística na Península Ibérica: Linguas Faladas, Usos e Situación Legal. O Caso Galego:
A Constitución española establece que o castelán é a lingua oficial do estado, e que todos os españois teñen o deber de coñecela e o dereito de usala. Os respectivos Estatutos de Autonomía establecen a oficialidade do catalán, do éuscaro e do galego nos seus territorios. Porén, os cidadáns destas comunidades non teñen o deber de coñecer esas linguas, só o dereito de coñecelas e usalas, o que establece un principio de desigualdade entre o castelán e as demais linguas faladas na Península Ibérica.
Linguas Faladas na Península Ibérica
Despois da conquista romana, só unha pequena zona da Península, situada no oeste dos Pirineos, quedou sen latinizar; actualmente nesta zona fica o éuscaro, a única lingua prerromana que pervive na Península ata os nosos días. Cando desapareceu o Imperio romano, segundo se foron conformando os distintos reinos e cobraron importancia cidades como Santiago de Compostela, Oviedo, León, Toledo, Braga e Coimbra, xurdiron como linguas diferenciadas o galego, o portugués, o asturiano, o castelán, o aragonés e o catalán.
As Linguas no Mundo: Plurilingüismo e Multiculturalidade:
1. Introdución: A facultade humana que denominamos linguaxe plásmase en milleiros de linguas distribuidas por todo o planeta. Calcúlase que existen no mundo entre 3.000 e 5.000 linguas. A realidade multilingüe está presente a escala mundial, condicionando as relacións sociais, económicas e políticas. O crecente dominio dun número reducido de linguas internacionais parece restarlle evidencia ao feito de que a maior parte dos países do mundo se enfrontan actualmente con situacións de conflito natural e linguas en contacto. Non é posible identificar comunidade política con comunidade lingüística. O modelo unitarista que identifica 1 estado = 1 lingua é unha excepción.
Ao lado de estados unilingües como Islandia, temos estados multilingües -a maioría- como España. A área de maior diversidade lingüística é Papúa -Nova Guinea- con aproximadamente 1.000 linguas. Este fenómeno consistente na convivencia de varias linguas nun mesmo estado chámase plurilingüismo.
2. As Linguas Segundo o Número de Falantes: Linguas máis faladas: Chinés (1.000 millóns de falantes), Inglés (350), Español (250), Hindi (250), Árabe (200)...
3. As Familias Lingüísticas: Unha familia de linguas consiste en idiomas intimamente relacionados dado que todos eles proveñen dun mesmo primeiro idioma, sendo eles os derivados. Agruparemos así as linguas segundo criterios xenéticos: Europa (linguas indoeuropeas: románicas, xermánicas, eslavas, albanés, armenio, linguas bálticas e célticas). En definitiva, todas as linguas descendentes doutra anterior, o protoindoeuropeo.