Diversidade xeomorfolóxica do espazo xeográfico español

Clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,92 KB

El espacio xeográfico español:

Diversidade xeomorfolóxica.

1.-O espazo xeográfico español:

España é un país de tamaño medio (505.789km^2) e comprende a España peninsular, situada entre dous continentes e dúas masas de auga; o Arquipélago Balear, situado no Mediterráneo; o Arquipélago Canario, situado no Atlántico e os territorios africanos do norte de África.

1.1-A España insular:

Abarca os dous arquipélagos: o Balear, que a excepción de Menorca é unha prolongación do sistema Bético e cuxo pico máis alto é o Puig Major na Serra de Tramontana; e as Illas Canarias, situadas a 100m do continente africano, teñen relevo volcánico e nelas se atopa o pico máis alto de España, o Teide.

2.-O relevo peninsular:

O relevo é o conxunto de formas que presenta a superficie terrestre e é o resultado de dous procesos:

-Fenómenos endóxenos: Estructuras xeolóxicas orixinadas polas forzas internas da terra. Destacan a oroxénese, que é o proceso de formación de montañas e cordilleiras debido aos movementos das placas tectónicas e a epiroxénese, que é o levantamento gradual dunha chaira ou meseta.

-Fenómenos exóxenos: Modelado realizado por axentes externos (atmosféricos e biolóxicos) e a sedimentación.

2.2-Características do relevo peninsular:

A forma maciza dada pola anchura peninsular (1.094km).

Costas rectilíneas sen apenas accidentes xeográficos, o cal limita a influencia do mar.

Elevada altitude media (660m). A cidade máis alta é Ávila (1.071m) e a máis baixa Alicante.

Disposición periférica do relevo montañoso.

3.-Unidades morfoestruturais:

Zócalos: Son chairas xurdidas polo arrasamento das cordilleiras da era primaria. Están compostas por materiais duros (granitos e sílices) que se fracturan ante empuxes oroxénicos. Son a base da meseta central.

Macizos rejuvenecidos: Son formacións da era primaria que se elevaron de novo na terciaria. Son graníticos e silíceos e están arredondados pola erosión. Forman os relevos interiores da meseta, Macizo Galaico e parte occidental da Cordilleira Cantábrica.

Depresións/cuncas sedimentarias: Son foxas que datan da Era Terciaria encheridas con sedimentos calcáreos ou arcillosos durante a Era Terciaria e Cuaternaria. Forman as depresións do Ebro e Guadalquivir (depresións prealpinas) e tamén as depresións do Duero, Tajo e Guadiana (Afundimento do zócalo).

Cordilleiras de plegamento: Representan cordilleiras de gran altitude, xurdidas durante a Era Terciaria polo plegamento alpino. Plegaron materiais sedimentarios de orixe mariña durante a Era Secundaria. Forman os Pirineos, Cordilleiras Béticas, etc...

4.-Períodos xeolóxicos:

4.1- Era Arcaica ou Precámbrico: 4.000 a 600 Ma:

Emerge unha banca montañosa arqueada de NO a SE (a actual Galicia) e puntos illados do Sist. Central e os Montes de Toledo. OROXENIA HURONIANA.

Este macizo foi arrasado pola erosión e cuberto polos mares paleozoicos

4.2- Era Primaria ou Paleozoica: 600-225Ma

OROXÉNESE HERCINIANA. Dos mares que cubrían a maior parte da península xurden as cordilleiras hercinianas, as cales están formadas por materiais duros (Granito, pizarra e cuarcita). Nelas atópase o Macizo Hespérico, arrasado pola erosión nesta mesma etapa e convertido nun zócalo inclinado cara ao Mediterráneo. Tamén aparecen os Macizos de Aquitania, do Ebro, Catalano-Balear e Bético-Rifeño; todos eles son arrasados e convertidos en zócalos.

4.3-Era Secundaria ou Mesozoica 225-68 Ma.

É un período de calma xeolóxica no que predominaron a erosión e a sedimentación. A erosión continuou desgastando macizos hercinianos. A sedimentación depositou materiais calcáreos.

4.4-Era Terciaria ou Cenozoica I (68-1,7 millóns de anos)

É a responsable en gran medida do relevo peninsular. Levántanse as cordilleiras alpinas ao plegarse os materiais depositados nas foxas pirenaica e bética. Xurden os Pirineos e as cordilleiras Béticas. Forman as depresións prealpinas (Vales do Ebro e do Guadalquivir). A Meseta inclínase cara ao Atlántico. Forman os rebordes montañosos da Meseta. A Meseta experimentou un proceso de Fracturas e Fallas, que deron lugar a un relevo xermánico formado por zonas elevadas (horts) e hundidas (graven). Os bloques levantados deron lugar ás cordilleiras do rebordo montañoso. Os bloques hundidos deron paso ás depresións fluviais. As fallas deron lugar a actividade volcánica (Campo de Calatrava, Olot, Ampurdán e Cabo de Gata).

4.5-Era Cuaternaria (1,7 millóns á actualidade)

Glaciarismo – Glaciarismo de circo – Glaciarismo de val – Terrazas fluviais – Son franxas planas e elevadas situadas nos marxes dun río. O seu orixe débese ás alternancias climáticas do Cuaternario. – As máis características son as formadas polo Duero, Tajo, Guadiana, Guadalquivir e Ebro.

Entradas relacionadas: