O Divino Sainete: Crítica e Sátira na Literatura Galega

Clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,32 KB

O Divino Sainete

É un longo poema narrativo de carácter satírico-burlesco composto por 512 tríades de versos octosílabos e rima consoante. É tamén unha pequena parodia a unha das obras cume da literatura occidental: A Divina Comedia. A obra ten tres obxectivos principais:

  • Crítica ás institucións de goberno e outros sectores reaccionarios da sociedade, en xeral, e á Igrexa, en particular.
  • Defensa do Rexurdimento e das súas principais figuras e do dereito a unha literatura galega completamente autónoma.
  • Sátira a algúns dos seus inimigos persoais, ideolóxicos e literarios.

A obra compónse dunha introdución e oito “cantos”. O seu motivo argumental é unha peregrinación a Roma polo xubileo do papa León XIII, acompañado por Francisco Añón, que ten o papel de guía. Este conduce a Curros a través dos distintos vagóns do tren no que viaxan, sendo o nome de cada un deles un pecado capital.

Nos diversos vagóns viaxan o xuíz Mella e o bispo Cesáreo Rodrigo (que actuaran contra Curros na publicación de Aires da miña terra), frades obscenos e lambóns que devoran ao xeito caníbal aos nosos escritores (incluído Curros), beatas luxuriosas…, así como libreiros e usureiros que meteran calote a Curros, carlistas sanguinarios que mopulan a súa derrota política, e escritoras como Emilia Pardo Bazán (considerada inimiga do Rexurdimento).

Ao chegaren a Roma, entrevístanse co Papa e Curros aconséllalle que renuncie ás enormes riquezas da Igrexa, aos bens temporais e que rexeite as súas ambicións guerreiras. O Papa promételle que o fará, mais Francisco Añón apostilla que esas promesas nunca se cumpren.

Liñas Estéticas, Temáticas e Ideolóxicas

Progresismo

Defende con firmeza as liberdades e dereitos individuais, canta os elementos do progreso e ataca á intolerancia, á censura, ao fanatismo relixioso, á tiranía, á pena de morte, aos abusos de poder…

Compromiso Social

Curros cre ter, como escritor, a misión ética de denunciar a inxustiza e de poñerse de lado dos que sofren e dos que non teñen voz. Así, ataca ao caciquismo, á opresión, á explotación dos campesiños, aos privilexios dos máis ricos… É dicir, que se debe á Humanidade e ao mundo que o rodea.

Anticlericalismo

Curros ataca sen desmaio á Igrexa católica e a todos os seus compoñentes, por consideralos imaxe dunha ideoloxía intolerante, represora da liberdade de pensar e de facer ciencia…, e por seren fariseos e converter a eles nun caseiro ruín.

Ademais destas bases ideolóxicas da literatura, Curros experimentou unha evolución nas súas ideas que se pode resumir en:

  • Confianza plena no capitalismo para rematar co atraso feudal e coas desigualdades provocadas pola Igrexa → Ataque a este por non corrixir tales desigualdades e incluir outras novas.
  • Visión da emigración como solución → Combate a esta, tras vivila el mesmo.
  • Republicano convencido → Maior sensibilidade cara á necesidade de autogoberno dos pobos peninsulares (empezando pola propia Galicia). Considerábase soldado dunha “lexión” de ideoloxía rexionalista.

Entradas relacionadas: