Os dous de sempre

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,84 KB

O século XX caracterízase artisticamente pola actitude crítica contra a arte pasada e a ruptura coa tradición herdada. En Europa, nun contexto bélico, con grandes cambios sociais e novas formas de percibir a realidade, sucederanse dende 1910 ata mediados de século unha serie de movementos estéticos: Cubismo, Futurismo, creacionismo, dadaísmo, Surrealismo... Que procuran a renovación total das distintas manifestacións artísticas.Coñecémolos co nome de Vangardas.
Algunhas das súas características son: Rexeitar o tradicional e convencional, cunha nova reinterpretación da realidade, Reivindicación da liberdade absoluta para crear, Difusión dos seus postulados artísticos a través dos manifestos.

As liñas poéticas seguidas polos diferentes autores van desde a asunción plena dos procedementos vangardistas: vangarda plena (Manuel Antonio) ata a reformulación da tradición medieval ou popular: vangarda moderada (Neotrobadorismo e Hilozoísmo).

Neotrobadorismo
En 1928, os autores galegos descobren a existencia da nosa lírica medieval. 
Moitos volven a esa tradición, pero os neotrobadoristas non a imitan, senón que collen recursos temáticos e formais (amor, natureza, paralelismo, refrán…), pero con intención innovadora e cunha linguaxe poética do XX. Destaca Bouza Brey con Nao senlleira e Álvaro Cunqueiro con Cantiga nova que se chama riveira-1933.
Hilozoísmo
Foi o máis cultivado e o que máis perdurou no tempo. Tamén é resultado da suma de tradición e renovación. Presenta recursos tradicionais como a paisaxe, sempre personificada e a sinxeleza métrica, pero combinados con recursos vangardistas como elementos visuais e auditivos ou imaxes ultraístas (metáforas con elementos que non teñen asociación coa realidade). Nesta
paisaxe humanizada, case nunca aparece o ser humano. Destaca Amado
Carballo e as súas obras: Proel (1927) e O galo (1928). 
Surrealismo
Cunqueiro foi poeta surrealista en dúas obras: Poemas do si e non (1933) na
que presenta unha historia de amor a través do mundo do subsconsciente e do
onírico e Mar ao norde (1932). Nesta última, a crítica ten falado tamén de
influxo cubista e e dos haikus xaponeses.

Creacionismo
Esta corrente está representada polo rianxeiro Manuel Antonio, que só publicou en vida un libro, De creacionismo rexeita a imitación da realidade. Polo contrario, procura a creación poética dunha realidade autónoma, fuxindo do sentimentalismo, a musicalidade e a rima, usando como recurso case exclusivo a imaxe vangardista.


DE CATRO A CATRO é un conxunto de 19 poemas que teñen O MAR como tema central, compostos durante a primeira navegación de Manuel Antonio no pailebote “Constantino Candeira”. É a crónica dunha viaxe que vai desde a ilusión (1º poema “Intencións”) á saudade (19ª poema, “Adeus”), pasando polas incidencias da vida cotiá no mar, dominadas pola monotonía e a soidade. Por iso, a viaxe é tamén interior e leva á reflexión, a unha VISIÓN DEFRAUDADA DA VIDA e á identificación coa paisaxe marítima. O proceso da viaxe marítima
segue unha liña temporal, dotando dunha estrutura circular ao poemario (partida - navegación - recalada - regreso).
O PASO DO TEMPO (obxectivo e subxectivo) é un tema recorrente e maniféstase a través dos elementos da natureza: o sol, a lúa, as estrelas, a noite, a alba... E a través dos elementos técnicos de medición: reloxo, almanaque, diarios, horas... O eu lírico séntese preso dun tempo presente, monótono e lento, onde as vivencias sempre son as mesmas, como nunha
reactualización do mito de Sísifo.
CARACTERÍSTICAS FORMAIS: no aspecto lingüístico, destaca a utilización de tecnicismos (léxico da navegación) e estranxeirismos. Na linguaxe poética, abundan as imaxes creacionistas, a especial disposición tipográfica, a utilización dos espazos en branco, a ausencia de rima, a ruptura da sintaxe formal, o heterosilabismo dos versos, entre outros elementos esteticamente novedosos. 

Entradas relacionadas: