Economía e Desenvolvemento Sostible en Galicia: Análise e Solucións

Clasificado en Ciencias sociales

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,85 KB

Conceptos Económicos Fundamentais

Economía: É o conxunto de bens, servizos e actividades que constitúen a riqueza dun territorio.

Balanza Comercial: Rexistro das importacións e exportacións dun país durante un período.

Macroeconomía: Rama da teoría baseada no estudo das macromagnitudes económicas.

Microeconomía: Rama da economía que estuda o comportamento das familias e as empresas na toma de decisións sobre a asignación de recursos limitados.

Distribución dos Ocupados por Sectores Económicos

A distribución está dividida en tres sectores: primario, secundario e terciario. Existe un gran desequilibrio, xa que o sector terciario é o que máis ingresos xera en España.

Características da Agricultura, Gandería e Pesca en España

Agricultura

O uso da auga marcou dous tipos de cultivo predominantes:

  • Secano: No interior peninsular, caracterizado pola triloxía mediterránea: cereal, vide e oliveira.
  • Regadío: Situado no litoral mediterráneo e nos vales dalgúns ríos, cos cultivos de froitas, hortalizas e cultivos industriais (transportados).

Gandería

Moi presente nos mercados da UE, con dous tipos de produción:

  • Extensiva: Grandes espazos que alcanzan altos prezos.
  • Intensiva: Tecnificada e con maior rendemento, pero menor prezo.

Pesca

España é un dos países con máis costa e, grazas a iso, a pesca é unha actividade tradicional. O sector pesqueiro tamén destaca polo gran volume de capturas, aínda que desde a adhesión á UE produciuse un descenso considerable.

Principais Importacións e Exportacións de España

Exportacións

Formadas polas operacións de venda de produtos e servizos creados e modificados aquí e vendidos noutros países. España exporta alimentos, maquinaria industrial e vehículos de transporte.

Importacións

Compra de produtos procedentes doutros países a España. Impórtanse bens de equipo, maquinaria, tecnoloxía e útiles.

Importancia da Educación para o Desenvolvemento dun País

A educación é un dereito recoñecido en todo o mundo. Permite aos cidadáns defender mellor os seus dereitos e aproveitar todas as oportunidades que se lles presenten.

Índice de Desenvolvemento Humano (IDH)

É unha forma de comparar o nivel de vida entre distintas poboacións, utilizado para saber a evolución ao longo do tempo. Calcúlase a través de tres criterios: nivel de ingresos, acceso á educación e esperanza de vida ao nacer.

Desenvolvemento Económico e Sostibilidade Ambiental

Sería necesario que a cidadanía realizase actividades anticontaminantes e apoiar organizacións que se encargan de evitar desastres naturais provocados polo home. É posible conxugar os tres elementos se se prioriza a sostibilidade.

Residuos nos Procesos Produtivos

Tipos de Residuos

Líquidos, sólidos e gasosos.

Impacto dos Residuos no Medio Ambiente

  • Sólidos: Poden xerar procesos de disolución que, ao mesturarse coa auga, poden contaminar os acuíferos.
  • Líquidos: Poden contaminar a auga se non son depurados adecuadamente antes de ser vertidos.
  • Gasosos: Contaminan a atmosfera e contribúen ao cambio climático.

Actuación contra os Residuos

Controlar que os residuos se depositen en lugares adecuados, reciclar e depurar os residuos.

Accións Individuais para Evitar o Problema dos Residuos

Non contaminar, reducir o uso de envoltorios de plástico, deixar de tirar cousas contaminantes á auga, ao aire e á terra, e usar a regra das 3 R (reducir, reutilizar e reciclar).

Entradas relacionadas: