Economía sin corbata: unha visión crítica da sociedade actual

Clasificado en Derecho

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,28 KB

Economía sin corbata

Yanis Varoufakis, famoso por non levar corbata en actos oficiais (economista, profesor universitario e autor de varios libros e ex Ministro de Economía de Grecia). O libro trata de explicar a economía para persoas comúns, sen tecnicismos e sen palabrería, coa idea de que calquera persoa se eduque en economía para evitar abusos dos poderosos, que inventan tecnicismos para ocultar a realidade do funcionamento do mercado.

Desigualdade e orixe da sociedade actual

Trata en 1er lugar o asunto da desigualdade, concluíndo que é o superávit agrícola do XVII o detonante de que se crearan exércitos, estados opresores, escritura, tecnoloxía, bancos internacionais, etc., orixe da desigualdade. Analiza o concepto do precio fronte ao valor ao longo da historia. Existen dous tipos de valores: o valor de cambio e o valor intanxible. Nas sociedades actuais todos os valores miden como se fosen de cambio, todo o que non ten prezo tende a considerarse sen valor. O diñeiro pasou de ser un medio a ser un fin en si mesmo cando os terratenentes alugaban as terras aos antigos siervos, e estes contratábanlle o traballo de siervos sen terra para que se encargaran do traballo manual. Pero necesitaban diñeiro para empezar, o cal prestábanllo os terratenentes cunha serie de intereses. Así, a débeda converteuse na parte máis importante do proceso produtivo, e o beneficio fin da nova clase empresarial. A riqueza nas sociedades de mercado aliméntase da débeda. Desde que as sociedades de mercado alcanzaron o pleno desenvolvemento, a función dos banqueiros xa non se limita só prestar diñeiro, senón que este é en mesmo obxecto de especulación, sen fixo produtivo. Ademais, o banqueiro sabe que o Estado acudirá a salvalo nun momento difícil, non ten ningún motivo para temer. O resultado é unha relación demasiado “estreita” entre políticos e banqueiros, prexudicial para a sociedade. Conclúe o libro cunha comparación dunha escena de Matrix coa nosa sociedade, na que Morfeo e Neo abren un diálogo e o primeiro fai ver que é un escravo, que naceu nunha prisión e dálle a elixir entre unha pastilla azul coa que será un iluso máis, un ignorante feliz que cre todo o que lle din, ou unha pastilla vermella que o conducirá á Verdade. Elixe a segunda.

Entradas relacionadas: