Eduardo Blanco Amor: Análise de A Esmorga e Os Biosbardos

Clasificado en Diseño e Ingeniería

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,38 KB

Eduardo Blanco Amor (1897-1979)

A obra de Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1897 - Vigo, 1979) abrangue todos os xéneros: foi poeta, dramaturgo, narrador e ensaísta. Comeza nos anos de preguerra escribindo poesía de carácter vangardista —como Romances galegos (1928) e Poema en catro tempos (1931)— e a partir dos anos 50 publica as súas grandes obras narrativas e teatrais.

Narrativa: A Esmorga e Os Biosbardos

Características da Narrativa de Blanco Amor

As tres obras principais de narrativa de Blanco Amor (incluíndo Xente ao lonxe) comparten varias características principais:

  • A mesma localización espacial: Auria (ou A.), que é a figuración literaria da cidade de Ourense.
  • Localización temporal nas dúas primeiras décadas do século XX.
  • Protagonismo infantil e xuvenil (excepto A esmorga).
  • Preferencia por un narrador en 1ª persoa.
  • Emprego de formas populares da fala.
  • Interese, reiterado nos prólogos das obras, por facer literatura realista.

Análise de A Esmorga

A esmorga desenvolve unha historia tráxica que transcorre por diversos escenarios do ambiente urbano ou suburbial de Auria (Ourense). Estrutúrase en tres partes:

  1. Na 1ª parte —«Documentación»—, un narrador-autor explica como obtivo a información para escribir a historia que a continuación se presenta.
  2. A 2ª parte conta a historia en si a través de cinco capítulos que recollen a declaración de Cibrán, o Castizo, ante o xuíz. Mediante este interrogatorio reconstrúense as vinte e catro horas de esmorga dos tres personaxes: O Bocas, o Milhomes e o Castizo. Tras o remate tráxico da mesma, Cibrán, único supervivente e por isto tamén único acusado, narra a súa versión dos sucesos acaecidos, o itinerario seguido e as circunstancias da morte dos seus compañeiros.
  3. Na 3ª parte reaparece o autor-narrador para dar conta da morte do principal personaxe, deixándonos na dúbida acerca das verdadeiras causas.

Os Biosbardos: Relatos de Auria

Os biosbardos reúne un conxunto de sete relatos breves protagonizados por rapaces de Auria que contan as súas experiencias persoais e informan acerca dos modos de vida daquel tempo (alimentación, vivenda, xogos, diferenzas sociais...).

Entradas relacionadas: