Efectos de la organización categórica en la memoria explícita e implícita
Clasificado en Medicina y Ciencias de la salud
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,86 KB
Efectos de la organización categórica en la memoria explícita e implícita
Finalidad: explorar as diferenzas e similitudes que aparecían entre as probas explícitas e implícitas cando se presentaba o material de forma manipulada e organizada, estudiar a sensibilidade destas de cara á organización categorial. Comparar os efectos da organización categorial nos test explícitos de libre e recordo sinalado con os efectos de organización categorial no test implícito de produción de categorías.
5 experimentos:
- Comparación dos efectos da organización en categoría de produción e libre recordo con claves.
- Investigación da xeneralidade dos efectos de presentación no priming de produción de categorías.
- Manipulación da organización variando a estrutura da lista.
- Comparación do tempo de esquecemento da memoria implícita co tempo de esquecemento da memoria explícita.
- Comparación dos resultados de dúas tarefas de memoria implícita: produción de categorías e tarefa de identificación de palabras.
Estímulos:
Conceptos pertencentes a 12 categorías distintas que se presentaban en dúas listas, unha na que aparecían ordenadas por categorías e outra na que os elementos estaban dispostos ao azar. Cada categoría estaba composta por seis conceptos.
Experimentos:
En os experimentos 1, 2, 3 e 4 os estímulos foron acústicos: palabras presentadas de forma organizada ou ao azar. No experimento 5 os estímulos foron visuais: palabras presentadas no centro de unhas tarxetas de 3x5 pulgadas, escritas en letras maiúsculas. Os ítems se obtiveron en base ás normas Battig e Montague. No experimento 2 as palabras seleccionáronse dos ítems máis frecuentes e de entre os ítems menos frecuentes.
Comparación:
Comparación dos efectos da organización categórica con probas explícitas de recordo libre e con claves e os seus efectos na proba implícita da produción categórica. Na fase de proba realízase a produción categórica, despois de estudar unha lista de elementos que se presentan, pertencentes a distintas categorías.
Experimentos específicos:
- Experimento 1: variación do método de presentación dos ítems.
- Experimento 2: tarefas con exemplares frecuentes e pouco frecuentes das categorías.
- Experimento 3: instrucións organizacionais en vez de manipular as listas.
- Experimento 4: énfase no tempo de esquecemento na produción de categorías comparándoo co de recordo libre e sinalización.
- Experimento 5: método de presentación bloqueado vs. o aleatorio na produción de categorías.
Conclusión:
O priming vese facilitado pola organización. As palabras organizadas melloran a produción categórica nas probas de memoria.