Emerxencias: Tipos, Equipos e Primeiros Auxilios
Clasificado en Economía
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,53 KB
Tipos de Emerxencias
Segundo a súa gravidade, as emerxencias clasifícanse en:
- Conato de emerxencia: Afecta a unha zona concreta e é controlable polos equipos de primeira intervención.
- Emerxencia parcial:
- Afecta a unha zona ampla, a equipos e instalacións críticas, e pode ter unha evolución desfavorable con consecuencias limitadas.
- É controlable polos equipos de segunda intervención e pode requirir unha evacuación parcial.
- Emerxencia xeral:
- Afecta a todo o centro de traballo e/ou instalacións críticas e prevese unha evolución desfavorable con consecuencias importantes.
- Desborda aos equipos de segunda intervención e pode requirir a evacuación xeral.
Equipos de Emerxencia
Os equipos de emerxencia son:
- Xefe/a de emerxencias
- Xefe/a de intervención
- Centro de control
- Equipo de primeira intervención
- Equipo de segunda intervención
- Equipo de alarma e evacuación
- Equipo de primeiros auxilios
- Equipo de apoio
Orde de Atención a Persoas Feridas
A orde de atención a persoas feridas, segundo a súa gravidade, é a seguinte:
- Vermella: Prioridade un. Inconsciencia, parada cardiorrespiratoria, hemorraxia arterial, queimaduras e fracturas moi graves.
- Amarela: Lesións menos perigosas, traumatismos dorsais, cranioencefálicos, pequenas hemorraxias, etc.
- Verde: Lesións de pouca importancia: escordaduras de nocello, fracturas menores, etc.
- Negra ou gris: Persoas falecidas, que serían as últimas en evacuarse.
Material de Primeiros Auxilios
Algúns materiais básicos de primeiros auxilios son:
- Gasas estériles
- Algodón hidrófilo
- Vendas
- Esparadrapo
- Tesoiras
Clasificación dos Conflitos
Os conflitos pódense clasificar segundo diferentes criterios:
Segundo o grao de apreciación:
- Latentes
- Manifestos
Segundo os seus efectos sobre a organización:
- Funcionais
- Disfuncionais
Desde un punto de vista xurídico:
- Individuais
- Colectivos
Tendo en conta onde se orixinan:
- Conflito entre varias persoas.
- Conflito interno dunha persoa.
- Conflito entre grupos dunha empresa.
- Conflito dentro dun grupo dunha empresa.
- Conflito entre distintas organizacións
Segundo o nivel xerárquico:
- Horizontal
- Vertical
Segundo os recursos empregados para a súa resolución:
- Pacíficos
- Agresivos
Técnicas de Resolución de Conflitos
Brainstorming (Tormenta de Ideas)
Consta de dúas fases:
- Fase de produción
- Fase de avaliación
Phillips 6/6
Role-Playing (Xogo de Roles)
Realízase unha escenificación dunha situación e os/as participantes desempeñan papeis distintos aos que lles correspondería na situación real.
Método do Caso
Seis Sombreiros para Pensar
Método P.A.S.
O método P.A.S. é un acrónimo de Protexer, Avisar e Socorrer, e refírese á orde de actuación en caso de accidente.