A Emigración en España: Historia e Consecuencias Sociais
Clasificado en Geografía
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,37 KB
A Esperanza de Vida e a Emigración en España
A esperanza de vida aumentou debido aos progresos médicos. Non obstante, presenta diferenzas entre os sexos, os grupos de idade e o status social. O crecemento natural no réxime demográfico actual é reducido a causa das baixas taxas de natalidade e de mortalidade, aínda que presenta certas oscilacións.
Migracións Exteriores
A 1ª etapa de auxe comprende desde mediados do s. XIX ata a 1ª Guerra Mundial (1914). Ao principio deste período, a emigración cara a América reducírase bastante; pero desde 1853, a situación cambiou debido a que os países latinoamericanos necesitaban inmigrantes e España limitou os obstáculos á emigración.
A emigración transoceánica decaeu entre as 2 guerras mundiais (1914-1945) pola inseguridade creada pola 1ª Guerra Mundial, a crise económica de 1929, e a Guerra Civil española e a posguerra (1936-1949). Entre 1945 e 1960, a migración transoceánica recuperouse, aínda que sen chegar a alcanzar as elevadas cifras de principios de século.
Causas do Auxe da Emigración
- A autorización para saír libremente de España (1946)
- O levantamento do illamento internacional da ONU (1950)
- O cambio de actitude de EEUU respecto ao réxime de Franco (1951)
A Emigración Tradicional a Europa
Até mediados do s. XX, foi unha emigración escasa e estacional. O período entre 1960 e 1973 foi o de maior auxe da emigración (en boa parte permanente) a Europa, cun único descenso entre 1964 e 1968 motivado polo inicio do 1º Plan de Desenvolvemento español e pola crise económica europea destes anos.
A partir de 1975, a emigración tradicional a Europa decaeu debido á crise económica, e moitos regresaron.
As Migracións Exteriores Actuais e as Súas Consecuencias
Entre 1975 e 2008, as saídas foron escasas. Só a principios da década de 1980 repuntaron as saídas a Europa, e desde 2004 iniciouse un aumento continuado, en pleno boom económico. Desde 2008, a crise económica incrementou a emigración exterior, motivada sobre todo polo desemprego en España.
Consecuencias da Emigración
As consecuencias desta emigración son a redución da demanda de traballo e do pagamento de prestacións por desemprego, pero resulta negativa pola perda de poboación nova con boa formación.