Endodoncia: tratamento da patoloxía pulpar
Clasificado en Electrónica
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,25 KB
O obxectivo fundamental da endodoncia é a eliminación da polpa enferma, que pode abarcar desde a polpa localizada na cámara pulpar ata a situada nos condutos radiculares, e a posterior obturación desde o espazo, para conseguir preservar a peza dental e evitar, sempre que sexa posible, a extracción do dente. A pulpitis pode ser ocasionada pola invasión bacteriana polo progreso dunha carie, por traumatismos que provocan a exposición directa da polpa ao medio oral ou por causas iatrogénicas. Pruebas de vitalidade pulpar: frío, calor e correntes eléctricas, aplicados sobre a coroa dental. A transluminación: información da extensión da carie ou da restauración. Exame periodontal: para descartar unha enfermidade periodontal avanzada, bolsas periodontais profundas. Fresado cavitario: unha cavidade na dentina, unha reacción térmica na polpa. Cando a dor é tan difusa que o paciente non sabe dicir se é na arcada superior ou na inferior, pódese anestesiar. Exploración radiográfica: realizan-se radiografías periapicais que aportan información sobre a coroa, as raíces e a área periapical circundante, cámara pulpar e dos condutos radiculares. Tratamento endodóntico da patoloxía pulpar. Comprende tratamentos preventivos, nos que se conserva a vitalidade da peza/recubrimento pulpar directo e indirecto, e biopulpectomía parcial ou pulpoctomía, e aqueles nos que se extirpa todo o tecido pulpar, pulpectomía, comúnmente denominada endodoncia. Endodoncia preventiva: trata de estimular a dentinoxénese (rexeneración dentina) para formar dentina terciaria, que illa á polpa cameral e asegura a súa supervivencia. Recubrimentos pulpares: unha vez realizado o diagnóstico, procederase á eliminación da carie por etapas. O dente tratado volverase abordar ás 6 ou 8 semanas, e realizarase unha obturación definitiva. Pulpectomía total ou endodoncia Instrumentos e materiais necesarios en endodoncia ou pulpectomía total. Instrumental necesario para levar a cabo unha endodoncia é: Instrumental de exploración Equipo de anestesia local Equipo para illamento absoluto Instrumental rotatorio e fresas Instrumental para o mezclado e aplicación de cementos Bandeixa de operatoria para a restauración final