Equilibraje en la línea de producción: capacidade, restricións e métodos

Clasificado en Informática

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,96 KB

Equilibraje

Sucesión de puestos de traballo onde se operan os diversos elementos que integran un produto. Está integrada por unha serie de fases ou etapas e cada unha das cales se caracteriza por un tipo de posto de traballo determinado.

Uno dos aspectos que a define é a súa capacidade productiva (C), que é a cantidade de produción que se pode obter nela nunha unidade de tempo. Podemos falar de (C) de toda a liña ou capacidade de cada unha das súas fases.

Lo importante é que a capacidade de produción das sucesivas fases dunha liña de produción sexa a mesma, pq se non a (C) da liña queda reducida á fase de menor capacidade orixinándose perdas por falta de utilización das restantes fases. Á fase que causa estas perdas chámase cuello de botella e dicimos que a liña está desequilibrada.

Xestión de produción

Aquí plantéxanse 2 tipos de problemas:

1. Deseñar unha liña de produción equilibrada e dunha capacidade productiva determinada.

2. Dada unha liña de produción asignar os distintos postos de traballo da forma máis equilibrada posible, as tarefas que debe realizar para acadar un determinado nivel de produción.

Conceptos para resolver problemas de produción.

1. Definir claramente o produto que se vai fabricar.

2. Inventariar as tarefas que se van realizar para obter (...)as súas interrelacións e condicionantes contidos no traballo dun produto (ti ) é a suma dos tempos das diversas tarefas de operacións que é preciso realizar para obtero.

Restricións na liña de produción

1. Restricións de procedencia, condicionan a realización dunha tarefa que previamente se realizase outra. Hai algunhas actividades que poden ser realizadas simultaneamente, pero hai outras que teñen que seguir unha orde. Métodos: Gráfico de procedencia, árbore de Tonge e matriz de Hoffman.

O método de procedencia baséase na teoría de grafos e está integrado por unha serie de nós que representan as tarefas e unhas datas que describen a ordenación das tarefas. Os nós represéntanse mediante círculos e no interior do nó anotamos a orde da tarefa correspondente, así mesmo sobre cada nó anótase o tempo requirido en cada tarefa.

2. Restricións zonais. Non todas as tarefas poden realizarse nun mesmo tipo de posto de traballo, se non que algunhas poden requerir de maquinarias, ferramentas e instalacións diferentes esta restrición preséntase no gráfico de precedencia anotando un símbolo (número romano), que indica o punto de traballo idóneo no que se pode realizar esa tarefa.

3. Restrición posicional. Son circunstancias posicionais na liña de produción que permiten asignar algunha tarefa a certo posto de traballo ou de facelo o traballo resultaría moi dificultoso.

Fluxo produtivo dunha liña

Cantidade de produción por unidade de tempo en base á cal foi deseñada a liña ou se espera obter da liña.

Ciclo

Tempo que tarda en saír unha unidade de produción da liña de produción e tamén é o tempo dispoñible en cada fase do proceso para realizar as tarefas que nela deban realizarse e isto sen que falle o ritmo de produción da liña, nin se colapse. O valor do ciclo é a inversa do valor do fluxo.

Se coñecemos o traballo e coñecemos o ciclo podemos coñecer o N2 DE ETAPAS teorías que se deben de integrar na liña de produción a deseñar se o n2 resultante (n) non é enteiro asignase o número inmediatamente superior. (ex se é 2,1 será 3).

A suma dos tempos das tarefas asignadas a unha fase debe ser igual ou inferior ao valor do ciclo, se é Igual a asignación contribúe ao equilibrio da liña, se é Inferior orixina un DESEQUILIBRIO e unha perda de tempo ou rendemento desta fase.

Métodos heurísticos

1. Modelo máxima tarefa sucesiva (JACKSON), consiste en ir asignando primeiro as tarefas de maior tempo de execución sempre que o permitan as restricións de precedencia e logo as de menor tempo.

2. Modelo ponderación posicional (TONGE). Neste método comezase asignando tarefas pola de maior ponderación posicional á de menor. A ponderación posicional é a suma de tempo dela e todas as tarefas ata a última cuxas execucións están condicionadas polas restricións de procedencia.

3.Modelo de dominancias e equilibrios (HELGESON Y BIRNIE). Consiste en considerar en cada fase todas as posibles opcións de asignación de tarefa tendo en conta as restricións que se plantexan e seleccionamos para a súa asignación aquela opción que domina sobre as outras. Dícese que unha opación de asignación de fase domina a outra fase cando a suma das tarefas que a integran é maior que as opcións.

Se a suma de tarefas son iguais en 2 opcións dícese que son equivalentes en cuxo caso é indiferente usar unha u outra opción.

Entradas relacionadas: