A esmorga: Personaxes e a súa evolución

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,06 KB

Personaxes de A esmorga

Adrián Solovio

É o protagonista da historia. Ó principio da novela, Adrián diríxese a Madrid para preparar unhas oposicións a cátedras. Camiño de Madrid, o tren fai unha parada en Ávila, onde podemos observar un rexeitamento a Galicia por parte do protagonista, que mesmo a considera economicamente atrasada e sen futuro.

Na capital, Adrián busca sentirse máis europeo, pois pensa que lle axudará a acadar a formación cultural que desexa. Pero en Madrid non se atopa cómodo, pois cae na conta de que esta cidade impediu o progreso doutras e decide viaxar a terras de Castela en busca dun maior arraigo coa Terra.

En Burgos convéncese de atopar a afirmación persoal que buscaba para sentirse europeo, pero en Toledo queda fascinado polo legado que deixou a cultura árabe e dubida cal é o estilo de español que se necesita para ser europeo.

Adrián volve á aldea porque o seu tío está moribundo. Nos últimos momentos da súa vida, o tío Bernaldo pídelle que vaia percorrendo nun mapa de Galicia aldea por aldea ata chegar a Fontán. Este acto emotivo servirá para espertar o amor por Galicia que Adrián ten por descubrir.

Aconsellado por un amigo, decide facer unha viaxe por Europa. En Francia abráiase da similitude entre as terras francesas e galegas, e repara nas súas raíces observando unha igrexa románica. En París coñece á Marquesa de Portocelos, con quen comeza unha relación. Na súa personalidade atopará aqueles aspectos negativos do cosmopolitismo que tanto ansiaba.

Na súa viaxe por Alemaña, será en Berlín onde Adrián estea seguro de que o seu lugar está en Galicia, pois descobre como esta cidade está constituída a partir dunha tradición e cultura propias que Galicia tamén posúe. Despois de deixar a súa relación coa Marquesa, inicia a viaxe de volta a Galicia cada vez máis convencido de que o seu lugar está alí.

Don Bernaldo

É o tío de Adrián. Ten un especial agarimo polo seu sobriño, pois ambos comparten un carácter idealista e soñador. Ó longo da súa vida sufrirá unha evolución contraria á do seu sobriño: na súa xuventude compartiu a ideoloxía galeguista pero, pola súa condición de fidalgo, non puido defender os seus ideais, o que lle levou a rexeitar a Terra. Sen embargo, sen sabelo, fixo que o seu sobriño abrise os ollos a Galicia no percorrido polo mapa que lle ordenou que fixera no seu leito de morte.

Marquesa de Portocelos

É a viúva do Marqués de Portocelos, un home fortemente enraizado á súa terra. Esta muller representa a superficialidade do cosmopolitismo que tanto buscaba Adrián. Ten un papel moi importante no transcurso da obra, posto que grazas a ela Adrián comeza a aclarar as súas ideas acerca do europeísmo.

Xacobe

É o irmán de Adrián. As súas personalidades son completamente opostas, pois Xacobe non ten as inquedanzas do seu irmán, a súa formación cultural apenas lle interesa e só se preocupa en posuír un nivel de vida alto e así ter tódalas comodidades posibles.

Entradas relacionadas: