España 1926-1936: Crise e Conflito
Clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,21 KB
A Organización Corporativa do Traballo (1926)
En 1926, créase a Organización Corporativa do Traballo coa finalidade de regulamentar as relacións entre obreiros e patróns a través de comités paritarios.
A Asemblea Nacional (1927)
En 1927 constitúese a Asemblea Nacional, que tiña a función de elaborar e presentar os proxectos e leis ao Goberno.
Política económica de Calvo Sotelo
Baixo a dirección de Calvo Sotelo como Ministro de Facenda, lévase a cabo unha política baseada no intervencionismo estatal no marco do capitalismo.
A Proclamación da Segunda República
A proclamación da República permitiu o acceso ao poder do Comité Revolucionario, que se converteu en goberno provisional tras ter negociado a saída urxente de Afonso XIII cara ao exilio (Roma). O elixido para presidir dito goberno foi Alcalá Zamora. O novo goberno tivo que afrontar diversas cuestións:
- A cuestión catalá.
- Os conflitos relixiosos.
- As primeiras folgas convocadas pola CNT.
- Numerosas reformas.
- A reforma do exército.
Inestabilidade e Polarización
- Os sucesivos gobernos carecían de estabilidade política e parlamentaria.
- A maioría das súas accións centrábanse en revisar as reformas do período azañista.
- A polarización social e política aumentou, un bo exemplo son os sucesos de outubro de 1934.
Medidas da Fronte Popular
- Aceleración da reforma agraria.
- Restitución do Estatuto de Cataluña.
- Ilegalización da Falanxe.
Agravamento dos Problemas Sociais
Prodúcese un agravamento nos problemas sociais:
- Violencia política e atentados.
- Folgas e queimas de Igrexas.
- 1 millón de parados.
- Conspiracións dos poderes económicos, sociais e relixiosos para destruír a República mediante un golpe de Estado militar.
A Tensión Política e a Conspiración Militar
Calvo Sotelo denunciaba ao goberno nas Cortes, mentres el mesmo era acusado de provocar coas súas protestas unha intervención militar. Para tratar de previr esta posibilidade, o goberno alexou aos militares sospeitosos.