España (1982-2004): Política Exterior, CEE, OTAN e Gobernos de Aznar
Clasificado en Historia
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,34 KB
1.3. A Política Exterior: CEE e OTAN
A política exterior prestou atención a tres zonas principais: Europa, América Latina e o Mediterráneo. Tamén mantivo unha boa relación con EEUU.
O Referendo da OTAN
O primeiro asunto exterior co que se enfrontou o goberno foi o referendo da OTAN. O PSOE prometera en 1982 anular a decisión de entrar na OTAN, mais en 1986 o goberno apoiou a permanencia.
Gran parte da esquerda prefería a saída da OTAN, evidenciándose unha forte oposición ao cambio de postura do goberno.
Relacións Internacionais e Cumes Iberoamericanos
O goberno socialista estableceu por primeira vez vínculos con Israel. Estas políticas facilitaron a Conferencia de Paz sobre Oriente Medio en Madrid en 1991.
En 1991 comezaron a celebrarse os Cumes Iberoamericanos de Xefes de Estado e de Goberno, que reunían os países de fala española e portuguesa.
Da CEE á UE: A Integración Europea
O principal obxectivo dos gobernos socialistas foi o ingreso e a completa integración no contorno das democracias europeas. Centráronse en ingresar na CEE (Comunidade Económica Europea). En 1985, España e Portugal asinaron a adhesión á CEE.
Desde entón, España implicouse no Tratado da Unión Europea, apoiando a moeda única (o euro) e participou na creación do Banco Central Europeo (BCE).
A economía española viuse apoiada polos Fondos de Cohesión (instrumento europeo creado en 1994 co obxectivo de desenvolver as zonas máis atrasadas).
1.4. A Crise do PSOE e os Escándalos de Corrupción
As eleccións de 1989 iniciaron o declive do PSOE, mentres a dereita se reorganizaba baixo Aznar e Alianza Popular se transformaba no PP. Nas eleccións de 1993, o PSOE perdeu a maioría absoluta.
As maiorías absolutas favoreceran algunhas prácticas corruptas e abusos de poder que, cando se coñeceron, prexudicaron ao partido e ao goberno. Os casos máis destacados foron:
- O Caso Guerra, que se desatou ao saberse que o irmán do vicepresidente utilizaba as súas influencias para negocios privados.
- O Caso Filesa, organizado para financiar o PSOE a través de tramas ilegais.
- Os escándalos de corrupción de Mariano Rubio (Gobernador do Banco de España) e de Luís Roldán (Director Xeral da Garda Civil).
- A guerra sucia contra ETA a través do grupo terrorista GAL.
Os medios de comunicación xogaron un papel esencial na denuncia da corrupción. O PP utilizou estes escándalos para acusar o goberno de corrupción e abuso de poder. Felipe González adiantou as eleccións lexislativas a marzo de 1996.
2. Os Gobernos Populares de Aznar (1996-2004)
2.1. A Política Interior e a Estabilidade Económica
Aznar gañou as eleccións de 1996 por maioría simple, polo que tivo que pactar cos partidos nacionalistas para obter a maioría parlamentaria a cambio de cesións económicas. O goberno centrouse en consolidar a recuperación económica.
O goberno de Aznar conseguiu cumprir os criterios económicos pactados en Maastricht para que España puidese adoptar o euro.
Garantiu as pensións, e en 1997 pactou a reforma laboral para loitar contra o desemprego. O paro reduciuse entre 1996 e 1999, rexistrándose un crecemento estable da economía.
A Política de Privatizacións
A política privatizadora de empresas públicas foi moi criticada. O ministro de Economía do PP, Rodrigo Rato, privatizou totalmente as empresas estatais co fin de liberalizar a economía. Os ingresos para o Estado foron extraordinarios, pero a oposición criticou a privatización de empresas clave como ENDESA, Telefónica ou Repsol.
No ano 2000, o PP obtivo maioría absoluta, o que lle permitiu gobernar sen depender dos pactos nacionalistas. En 2001, aprobou a abolición do servizo militar obrigatorio e a profesionalización das Forzas Armadas.
Lexislación e Conflito Social
- Coa Lei de Estranxeiría do ano 2000 regulouse a inmigración.
- Aprobou varias leis sen acordo coa oposición (como as de universidades ou a reforma educativa). As manifestacións contra a política do PP fixéronse frecuentes.