Estado, soberanía e democracia: conceptos fundamentais en galego

Clasificado en Ciencias sociales

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,77 KB

Estado

Estado: formación política histórica plasmada nun agrupamento de institucións coa finalidade de administrar eses poderes.

Soberanía

Soberanía: poder: ter capacidade de tomar decisións e levalas á práctica.

Administración

Administración: conxunto de institucións dun Estado encargado de levar á práctica as decisións adoptadas.

Sufraxio

Sufraxio: O sufraxio universal consiste no dereito ao voto de toda a poboación dun Estado. O sufraxio censitario consiste no dereito ao voto só na parte da poboación que conta con certas características que lle permitirán estar inscritas nun censo electoral.

Democracia

Democracia: forma de goberno na que a soberanía pertence ao pobo, que elixe os seus representantes mediante eleccións libres.

Réxime híbrido

Réxime híbrido: sistema político que se caracteriza por unha combinación de elementos democráticos e autoritarios. Son réximes que adoptan a forma da democracia popular, con institucións políticas formalmente democráticas que maquillan a realidade da dominación autoritaria.

Tres elementos que constitúen o Estado

  • Territorio: espazo xeográfico sobre o que o Estado exerce o seu poder.
  • Poboación: denominada cidadanía, que é o conxunto de persoas que teñen os seus plenos dereitos dentro dun territorio. O Estado exerce as súas funcións sobre esta poboación.
  • Soberanía: exercicio mencionado arriba.

Tres funcións esenciais do Estado

  • Relación con outros estados.
  • Seguridade e defensa, interna e externa.
  • Regulación da economía e das relacións laborais.
  • Provisión de servizos básicos.

Diferenzas entre Estado e Goberno

O goberno é un órgano dentro do Estado, que se encarga do poder executivo. O Estado é moito máis amplo e ten moitos máis poderes.

Onde reside a soberanía nun Estado

Nun Estado democrático, a soberanía reside na poboación, e isto pódese ver reflexado mediante o voto.

Por que existe pluralismo no Estado

Existe pluralismo no Estado porque nunha sociedade hai distintas ideas e deben existir distintos partidos que as representen.

Democracias actuais representativas

As sociedades actuais son representativas porque non votamos sobre temas concretos; senón que escollemos partidos políticos que nos representan.

Democracia parlamentaria

Na democracia parlamentaria, os partidos representan á cidadanía, levan o poder lexislativo e os partidos maioritarios escollen o goberno.

Entradas relacionadas: