Estados e réximes: democracia, autoritarismo e conceptos

Clasificado en Ciencias sociales

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,75 KB

Estados e réximes políticos

Estados democráticos

Son os cidadáns os que deciden. Eles elixen os seus representantes políticos mediante eleccións libres. Os representantes forman asembleas que designan os membros dos gobernos que controlan a actuación.

Estados autoritarios

Neles a poboación carece de liberdades e o poder é exercido por unha persoa, un grupo político ou outro tipo de organización, suplantando a vontade popular.

Principios e organización dos réximes democráticos

Estados unitarios

Son aqueles en que o poder se exerce dentro dun centro, no cal se toman as decisións que afectan ao conxunto do territorio.

Estados federais

O poder repartese entre o goberno federal e os territorios que forman a federación. O goberno federal encárgase de cuestións como a defensa ou as relacións internacionais.

Plataformas e rellevo oceánico

Plataformas continentais

As plataformas continentais sitúanse entre a costa e o talude continental, onde se unen coas chairas abisais, a parte máis lisa e extensa dos océanos.

Dorsais oceánicas

As dorsais oceánicas son superficies elevadas.

Fosas mariñas

As fosas mariñas son zonas afundidas. A fosa das Illas Marianas, no Océano Pacífico, é a máis profunda do planeta.

Estado de dereito e separación de poderes

O Estado de dereito implica o respecto polos dereitos humanos.

  • Poder lexislativo: Encárgase de elaborar e aprobar as leis.
  • Poder executivo: Correspóndelle ao goberno; a súa función é pór en práctica as leis aprobadas polo Parlamento.
  • Poder xudicial: Garante o cumprimento das leis a través dos tribunais que aplican a xustiza.

Conceptos básicos de economía

Competencia entre as empresas para aumentar os seus beneficios.

División do traballo para aumentar a rentabilidade.

Mercados

Oferta: É a cantidade dun ben que os produtores queren poñer no mercado a un prezo determinado.

Demanda: É a cantidade dun ben que os consumidores queren e poden mercar a un prezo determinado.

Prezo de equilibrio: É aquel en que coinciden oferta e demanda ao venderse unha determinada cantidade.

Poboación e emprego

  • Poboación activa: Aquela en idade legal de traballar (16–65 anos).
  • Poboación inactiva: Os nenos e mozos menores de 16 anos, e outras persoas que non forman parte da forza laboral.
  • Poboación en paro: Aquela en idade activa que non teñen emprego nin o están intentando.

Entradas relacionadas: