Estereotipos e Prexuízos Lingüísticos na Normalización do Galego

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,29 KB

Estereotipos e prexuízos lingüísticos:

O normal é que os membros dunha mesma sociedade utilicen a mesma lingua para comunicarse. O uso dunha segunda lingua só será necesario para comunicarse co exterior. No caso da coexistencia galego-castelán prodúcese un conflito lingüístico que dá lugar á diglosia. Este fenómeno prodúcese cando existe un desigual reparto de usos entre dúas variantes ou linguas e cada unha se usa en contextos distintos e cumpre funcións diferentes. Adoitan ter un status social diferenciado, cunha lingua A para contextos importantes e unha B para contextos informais. O conflito lingüístico defínese como a tensión entre dúas linguas para asumir un maior número de falantes e usos. Unha das solucións é a substitución lingüística que consiste na implantación dunha lingua foránea como propia, un posterior bilingüismo diglósico e por último un abandono da lingua propia. A única solución que permite a supervivencia da lingua é a normalización, a recuperación dos usos e funcións da lingua en subordinación.

Os prexuízos lingüísticos:

Son xuízos de valor que presentan trazos negativos sobre unha lingua e os seus falantes para provocar o seu rexeitamento. Fundaméntanse na suposta existencia de linguas “boas e importantes” e outras “non axeitadas”. O galego sofre prexuízos como o de lingua de poucos falantes ou dialecto, outros máis vellos como a vinculación ao rural, atraso e pobreza e outros máis novos como lingua artificial e marca ideolóxica e nacional. Estes prexuízos provocan o reforzamento do castelán e o uniformismo político e cultural e cómpre eliminalos para que a normalización teña éxito.

Historia da normativización:

A variedade estándar é o modelo de lingua común, identificada e aceptada polos falantes como o uso correcto do código lingüístico, corresponde ao nivel medio e ao rexistro formal e é a que se debe usar na escola, nos medios, administracións, etc. No proceso de normalización dunha lingua e culturas minorizadas é importante a súa normativización. Esta consiste en elaborar e seleccionar unha variedade estándar determinada como modelo de corrección idiomática a través dunha ortografía, gramática e dicionarios que fixen unha norma. No caso do galego, este proceso constou de varias etapas. O galego popularizante (ata fins do s.xix), cheo de castelanismos e vulgarismos e con escasa pretensión codificadora e inadecuación na escoita. O galego enxebrista (ata 1936) que buscou marcar diferenzas co castelán destacando a faceta máis enxebre da lingua. O galego protoestándar (ata fins dos 70), simplificado e punista. Por último, o galego estándar, supradialectal, fiel á historia e a actualidade e respetuoso coas linguas da contorna. O galego vólvese obxecto de estudio filolóxico e atópanse solucións ás deformacións na escrita. En 1982 apróbanse as normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, froito do acordo da RAG e o ILGA. Son revisados en 1995 e reformados en 2003. As interferencias lingüísticas son os cambios que se producen nunha lingua por influencia doutra, no noso caso a maioría provén do castelán. As desviacións lingüísticas son solucións que se aportan do estándar (vulgarismos, hipergaleguismos…) e que cómpre evitar.

Entradas relacionadas: