Estilo do lenguaxe científico e técnico: características e xéneros informativos
Clasificado en Matemáticas
Escrito el en gallego con un tamaño de 3 KB
Estilo do lenguaxe científico e técnico
-Uso da 3º persoa do singular
-Estruturas máis sinxelas
-O rasgo máis significativo é o seu léxico, a terminoloxía.
2.3 Estilo do lenguaxe científico e técnico
-Lenguaxe que evite a ambigüidade (lenguaxe unívoco) e os equívocos
-Maior presenza de substantivos concretos
-Aceptación, nos distintos idiomas, das fórmulas, abreviaturas, siglas.
-Unha neutralidade que esixe rigor na maneira de expoñer
-Economía ou concisión, expresando o maior número de ideas co menor número de palabras posible, unida á presentación da información en táboas, diagramas, esquemas e gráficos.
3. Xéneros informativos
3.1 A noticia
Estrutura da noticia:
- O titular: resume o tema en poucas palabras, debe ser chamativo e claro, ás veces leva un antetítulo e está en letra grande.
- O encabezamento ou entrada: parágrafo que segue ao titular, recolle o importante, letra destacada, e responde ás cuestións que? quen? onde? cando? como? por que?
- O corpo: expón os detalles da noticia, a súa estrutura adoita ter forma de pirámide invertida (ao principio o máis importante e o resto completa a información).
3.2 A crónica
Trátase dun relato detallado dunha noticia de actualidade.
O cronista adoita ser testemuña dos feitos, narraos desde o lugar onde ocorren, enmarcaos e xúlgaos, considerando a súa importancia e as súas consecuencias. Combina os datos e os feitos con anécdotas, curiosidades...
3.3 O reportaxe
Trátase dunha información xornalística realizada a partir dunha investigación e dun análise do que se describe.
Ten un carácter máis xeral e non necesita tratar acontecementos de actualidade. Van asinados polo autor.
3.X. Xéneros xornalísticos
Divídense en:
- Xéneros informativos: noticia, crónica, reportaxe
- Xéneros de opinión: editorial, columna, entrevista, cartas ao director...
4. Textos de opinión
4.1 O editorial
É un texto de opinión non asinado que reflexiona sobre feitos recentes e importantes ou sobre o estado da actualidade. Está redactado polo director do xornal e manifesta a postura ou liña ideolóxica do medio ou empresa editora.
4.2 O artigo
É un texto de opinión asinado. Versan sobre a actualidade. O autor é máis libre na adopción de puntos de vista e no ton que debe imprimir ao texto.
4.3 A columna
Tipo de artigo de opinión. Máis breve e recibe o seu nome por ocupar tradicionalmente só unha columna do xornal.
4.4 A colaboración
Tipo especial de artigo, que realizan personaxes relevantes da cultura, política... que os distintos medios contratan para contar cos seus análises de forma máis ou menos fixa.
4.5 Cartas ao director
Trátase da opinión dos lectores. O seu destinatario real apesar do nome, é o público en xeral. Deben ir asinadas e deben ser breves.