Estrutura Económica e Financeira da Empresa

Clasificado en Inglés

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,37 KB

Estrutura Económica

El activo reflicte a estrutura económica da empresa, é dicir, o total das súas investimentos ou o destino dos seus fondos. Son bens, recursos dos que dispón a empresa, representan o valor da mesma. Os elementos do activo clasifícanse en función da súa dispoñibilidade ou liquidez (capacidade para converterse en diñeiro) e están formados polas seguintes masas patrimoniais:

  • Activo non corrente: formado por aqueles elementos do patrimonio vinculados á empresa durante máis dun exercicio económico, non se adquiren con fins de venda. Está formado polas masas patrimoniais de inmobilizado, investimentos financeiros a longo prazo e investimentos inmobiliarios.
  • Activo corrente: constituído por aqueles elementos que se atopan en constante rotación, é dicir, que se renovan varias veces nun mesmo exercicio económico. Formado polas masas patrimoniais das existencias, o realizábel e o dispoñíbel.

Estrutura Financeira

O patrimonio líquido e pasivo reflicte a estrutura financeira da empresa, é dicir, a orixe dos medios de financiación dos que dispón (recursos propios + débedas con terceiros alleos á empresa). Os elementos do patrimonio líquido e do pasivo clasifícanse segundo a súa exigibilidade (as débedas + exigíbeis son aquelas que venzan antes) e están formados polas seguintes masas:

  • Patrimonio líquido: representa os recursos da empresa que se destinan á autofinanciación (recursos propios ou fondos propios) e aqueles que son alleos pero que non hai que devolver, como as subvencións ou as doazóns. A parte principal é o capital, é dicir, a aportación dos socios. Está formado polo capital, reservas e resultado do exercicio.
  • Pasivo non corrente: formado por aquelas fontes de recursos que se teñen que devolver nun período superior á duración dun exercicio económico, é dicir, a aportación dos socios. Está formado polo capital, reservas e resultado do exercicio.
  • Pasivo corrente: composto polas débedas que a empresa debe devolver no exercicio económico, é dicir, a curto prazo. Son aquelas situacións nas cales se compran bens ou se reciben servizos e non se pagan, polo que quedan a deber ou xeran unha obrigación de pago. Está formado por proveedores, acreedores,...

Entradas relacionadas: