Estrutura da Terra e procesos xeolóxicos

Clasificado en Geología

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,52 KB

1. Formación dos planetas e capas da Terra

A) Proceso de formación dos planetas

  1. Formáronse os planetesimais por un proceso de agregación.
  2. Os planetesimais formaron corpos maiores, e estes uníronse entre si para formar os planetas.
  3. A Terra acabada de formar recibiu o impacto dun corpo de gran tamaño. O material arrancado formou un anel arredor da Terra.
  4. A Terra e a Lúa estaban hai 4.500 millóns de anos cunhas dimensións similares ás da actualidade.

B) Capas da Terra

  • A codia: Capa máis externa da xeosfera. Está formada por Si, O, Al, Na, K e Ca.
  • O manto: Máis denso, está formado por silicatos que conteñen Si, O, Fe e Mg.
  • Núcleo: Capa metálica e máis densa da Terra, formada por Fe e Ni.

Litosfera = Ríxida, Astenosfera = Plástica, Mesosfera = Ríxida, Endosfera = Fundida e ríxida

2. Formación das rochas e datación

A) Principais procesos de formación das rochas

  • Actividade volcánica
  • Os procesos de erosión, transporte e sedimentación

B) Técnicas de datación

  • Datación relativa: Consiste en reducir a idade dun material ao comparar a súa posición coa doutros materiais.
  • Datación absoluta: Consiste en determinar a idade dun material analizando os elementos que o forman. O método máis preciso é a datación por isótopos radioactivos ou radioisótopos.

3. Estratos, estratigrafía e paleoclimatoloxía

A) Que son os estratos? E a estratigrafía?

Estratos: Rochas formadas en capas superpostas.

Estratigrafía: Parte da xeoloxía que estuda as series estratigráficas.

B) Aspectos que estudan os xeólogos para saber como variou a posición de cada continente

  • Paleomagnetismo
  • Marxes continentais
  • Formacións xeolóxicas
  • Fósiles
  • Paleoclimatoloxía

C) Técnicas paleoclimáticas

  • Os aneis de crecemento das árbores
  • Testemuños de xeo
  • Sedimentos oceánicos
  • Pole fósil
  • As relacións isotópicas do osíxeno

4. Efecto invernadoiro e fósiles

Efecto invernadoiro: Subida da temperatura da atmosfera producida principalmente polo dióxido de carbono.

Fósil: É un conxunto de restos do corpo ou da actividade dun ser vivo que quedou preservado nas rochas.

5. Gradiente xeotérmico e enerxía xeotérmica

A) Gradiente xeotérmico

Aumento da temperatura que se produce coa profundidade.

B) Enerxía xeotérmica

  • Produción de electricidade
  • Uso doméstico
  • Uso terapéutico

C) Tipos de litosfera

  • Oceánica: Máis delgada e densa. Sobre ela instálase a auga dos océanos.
  • Continental: Máis grosa e lixeira. Coincide coas zonas emerxidas.

6. Probas da deriva continental

  • Xeográficas: Coincidencia das costas dalgúns continentes.
  • Paleontolóxicas: Presenza de fósiles en diferentes continentes divididos polo mar.
  • Biolóxicas: Algúns organismos evolucionaron en forma diferente despois de separarse os continentes e deron lugar ás especies actuais.
  • Xeolóxicas: Estruturas antigas encontradas en diferentes rexións separadas.

Entradas relacionadas: