Evolución da arquitectura e artes plásticas: catacumbas e basílicas paleocristiás
Clasificado en Matemáticas
Escrito el en gallego con un tamaño de 8,25 KB
1º Etapa: Pinturas de las catacumbas (antes del 313, Edicto Milán)
As catacumbas eran galerías subterráneas onde os primeiros cristiáns enterraban aos mortos. Durante o S. I os cristiáns non posuían cemiterios. O orixe das catacumbas atópase nas pedreiras que os zapadores romanos perforaran para extraer material de construción. Cando estas pedreiras eran abandonadas os cristiáns transformábanas en cemiterios e engadían novos túneles chamados homoxéneos funerarios. Había galerías de distintos niveis chamadas criptas con nichos rectangulares chamados loculi excavados en paredes. As criptas ensanchábanse formando cámaras cadradas ou poligonais chamadas cubículos nos que había nichos semicirculares chamados arcosolis que cobixan enterramentos de mártires ou persoas importantes.
Catacumbas a destacar: San Calixto, Santa Constanza ou Priscila (todas en Roma)
En as catacumbas desenvólvese unha decoración pictórica que cubría criptas e cubículos e constitúe a primeira manifestación do arte cristián, pinturas ao fresco. O lenguaxe é simbólico trata de temas vexetal e animal: Paloma (símbolo do alma), o pavo real (símbolo da eternidade), a vid e a espiga (símbolo eucarístico), tema protagonista o pez en grego significa Xesús Cristo, Fillo de Deus, Salvador e simboliza aos neófitos (Recén bautizados) que se convertían en peixes ao recibir o bautismo.
Aparece unha nova iconografía, a do Buen pastor inspirada no moscóforo grego (figura co carnero a ombreiro) aínda que substituíron ao carnero pola ovella e simboliza a Cristo (representado por un mozo) como o pastor que protexe e salva aos seus fieis (simbolizados e tocando un instrumento). Tamén Cristo aparece representado como Maestro o guía que ensina a palabra de Deus e caracterízase como un filósofo romano ensinando aos seus apóstolos e discípulos.
Respecto á Virxe oficialmente non foi coñecida ata o S. V xa aparecen imaxes súas nas catacumbas representada como tal Nai de Deus, nai sentada co Neno no regazo.
A decoración pictórica nunca ocupa a catacumba completa.
2º Etapa: A cristianización da basílica (despois do 313, Edicto de Milán)
Co edicto de Milán declárase a liberdade do culto, que permitiu aos cristiáns abandonar a clandestinidade das catacumbas e practicar publicamente a súa relixión. O triunfo da nova relixión produciuse no 380, cando o emperador Teodosio promulgou o Edicto de Tesalónica e o cristianismo pasou a converterse na relixión oficial do estado. Igrexa quedan desde entón asociados.
No campo arquitectónico, o primeiro problema para os cristiáns era que non podían aproveitar os templos pagáns, xa que foran concebidos como a cada de deuses, realizándose os cultos fóra e non tiñan o suficiente tamaño para albergar aos fieis cristiáns.
A solución foi cristianizar a basílica romana, utilizada como tribunal de xustiza e lugar de operacións comerciais. Abandonáronse estas basílicas e comezaron a construír outra nova planta, educada ás súas necesidades:
A basílica paleocristiana accédese por un vestíbulo que dá paso a un atrio (patio aberto), no centro sitúase unha fonte en forma de estanque ou pechada. Tras o atrio está o claustro e antes de entrar no templo está o nártex (vestíbulo) desde onde os catecúmenos seguían a misa, só os bautizados podían entrar na basílica. O nártex comunicaba co templo a través de tres ou cinco portas (segundo o número de naves)
A basílica ten unha planta rectangular formada por tres ou cinco naves separadas por filas de columnas, a nave central é a máis ancha e elevada, permitía abrir fiestras para que entrara a luz. A nave central termina cun arco de triunfo que comunicaba co transepto (nave transversal) coa que se formaba unha cruz. No medio do transepto está o ábside semicircular (parte de atrás dun altar) a cal coronaba a cabeceira do edificio e simboliza a cabeza de Cristo. No centro do ábside está o altar e adosado á parede está o presbiterio reservado para bispos con asentos. A comezos do s. V construíronse dúas dependencias: O diaconicum (sacristía) e a prótesis (onde se presentaba a eucaristía)
O tellado era a dúas augas na nave central e unha vertente nas laterais.
Entre as basílicas que se construíron en Roma no S. IV baixo o mandato de Constantino destacan: San Xoán de Letrán, Santa María a Maior e San Pablo Extramuros.
La Basílica de Santa Sabina (432) Destaca polas súas proporcións, formada por tres naves separadas por dúas filas de columnas corintias sobre as que descansan arcos de medio punto, a techumbre é plana e ao fondo da nave central atópase o ábside semicircular onde se abren tres fiestras caracterízase en arquitectura paleocristiana a partir do S.V. A bóveda de cuarto de esfera que cubre o ábside atópase decorada con pinturas.
2. Arquitectura
Fai dúas aportacións principais: Solucións para problemas das cubertas abovedadas e novo concepto do espazo interior.
Os problemas de cubertas abovedadas foron resoltos coas pechinas (triángulos esféricos que serven para pasar da superficie cadrada á circular da cúpula)
Materiais: Ladrillo, mampostería e pedra.
O muro é grosso. O mosaico cubre de forma continua os muros dos interiores.
Soportes: Columna de capitel corintio ou con forma de tronco de pirámide invertido.
Función: Relixiosa e política.
Cubertas: Armaduras de madeira e sobre todo abovedadas (bóvedas de canón, bóvedas de aristas e cúpulas sobre pechinas)
Dentro da arquitectura destacan:
Los templos: Plantas variadas: basilical, centralizada, de cruz grega inscrita nun cadrado cunha cúpula central que é a máis común desde Justiniano no S.VI.
División interna jerarquizada en espazo, formada polo atrio, nártex (lugar de reunión de catecúmenos), igrexa dividida en dúas unha parte destinada aos fieis xa outra ao clero, separados por unha barandilla, o ábside na cabeceira e adosada están a prótesis e o diacunicum. É frecuente que sobre as naves laterais haxa unha galería ou tribuna para mulleres.
No Reinado de Justiniano o arte era propagandístico dirixido ao estado.
Destacan: A primeira igrexa que mandou construír Justiniano: Iglesia de los Santos Sergio y Baco (532-537) (Constantinopla)
(IMPORTANTE) Iglesia de Santa Sofia de Constantinopla Realizada na época de Justiniano (532-537) polos arquitectos Antonio de Tralles e Isidoro de Miletos. É de planta central, forma rectangular, o centro eleva por catro piares unha cúpula nervada sobre pechinas. Apoia a cuberta sobre catro puntos. Para conter os empujes da cúpula, dispuxéronse ao norte e ao sur e desta dúas semicúpulas do mesmo diámetro que a principal e que descansa en dúas nichos semicirculares. Este sistema permite que o muro non teña función sustentante polo que abren un número de vanos que dan luminosidade ao interior con 40 fiestras da cúpula central. Esta cúpula era de ladrillos unidos con morteiro. Nas zonas laterais do interior abriuse un segundo piso para as tribunas desde onde se podía seguir a liturxia. A cabeceira do edificio tiña un ábside que sobresaía ao exterior. Todo este recinto estaba precedido dun nártex e dun atrio.
Iglesia de Santa Irene (532, Constantinopla)
Iglesia de los santos apóstoles (536,550 Constantinopla) foi destruída tras a conquista de Constantinopla e foi substituída por unha mesquita. Igrexa influente con planta de cruz grega, cúpula central, e catro de menor tamaño en cada brazo, para conter o peso da cúpula central. (copia na Igrexa de San Marcos)
Iglesia de San Vital de Rávena (538-547)
San Apolinar in Classe (549, Rávena)