A evolución da obra de Valle-Inclán: Luces de bohemia
Clasificado en Español
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,01 KB
Evolución da obra de Valle-Inclán: Luces de bohemia
Ramón María del Valle-Inclán é un dos autores máis controvertidos, rigorosos, extravagantes e xeniais que deu a nosa literatura.
Súa obra percorre con acerto poesía, novela e sobre todo teatro, xénero no que alcanza os seus maiores logros. Valle-Inclán iniciou a súa traxectoria literaria no Modernismo. A esta etapa tamén pertencen as súas primeiras producións teatrais: Tragedia de ensueño e El yermo de las almas. A súa segunda etapa, a do primitivismo, comeza coas Comedias bárbaras, obras míticas onde aparecen estranos personaxes tiránicos, violentos ou tarados. Trátase dun "canto" a un mundo en descomposición. Durante a súa terceira etapa, a do distanciamento artificioso, Valle escribe obras teatrais. Sen embargo, son totalmente diferentes do teatro poético modernista da época. A súa última etapa, a máis lograda, é a dos esperpentos. Nela sobresaen Luces de bohemia e a triloxía Martes de carnaval. Valle acuña o termo esperpento para referirse a unhas obras creadas cunha estética persoal e renovadora. Luces de bohemia, baséase na distorsión da realidade e na parodia dos modelos clásicos, así como na creación dunha linguaxe onde o sublime e o vulgar conviven en partes iguais. A presenza insistente da morte, o emprego de animalizacións, cosificacións ou muñequizacións ou os frecuentes contrastes e reducións ao absurdo serían igualmente outros trazos que aproximarían esta obra capital ao mundo do teatro esperpéntico.
Características do esperpento e o seu reflexo en Luces de bohemia
Luces de bohemia, é a primeira obra que o propio autor cualifica como esperpento, un xénero creado por Valle-Inclán que consiste en distorsionar o noso entorno para poder expresar o tráxico, o grotesco e o absurdo da vida española. Valle-Inclán emprega múltiples procedementos para a ridiculización da realidade, a estética do esperpento tamén se alcanza por medio da degradación dos personaxes, pola outra parte, a literaturización, consistente na inclusión dunha gran cantidade de citas e referencias literarias, úsase como un recurso máis de deformación. Outro dos recursos máis significativos do esperpento é a variedade de rexistros empregados nos diálogos. O esperpento caracterízase por fusionar novela e teatro. Finalmente, en Luces de bohemia acumúlanse de maneira intencionada feitos e referencias históricas nun confuso anacronismo, o cal nos impide situar a acción desta peza teatral nun tempo histórico concreto. En conclusión, mediante a técnica do esperpento, Ramón María del Valle-Inclán mostra con óptica deformante a realidade para censurar e parodiar a decadente situación nacional. Nos atopamos ante a vertente máis crítica da Xeración do 98.
Modernismo e 98 en Luces de bohemia
Luces de bohemia constitúe o adeus definitivo do autor á estética modernista e á bohemia heroica. Valle-Inclán é consciente de que os novos tempos fan imposible a existencia superior do artista aristocrático modernista. Se a vida bohemia xa non é posible, tampouco o é a estética modernista que a sustenta. Pola outra parte, Luces de bohemia manifesta unha profunda desacordo coa España da época e contén un duro ataque á realidade española, o que a aproxima ás preocupacións dos noventayochistas. Tamén se relaciona co 98, a renovación literaria experimental que intenta superar o estancamento da comedia burguesa de Jacinto Benavente. Valle-Inclán non dubida en achegarse a modelos teatrais considerados menores. Serían igualmente propios dos autores da Xeración do 98 o uso predominante da prosa, en cambio, a función poética das acotacións, a presenza de cultismos ou neoloxismos ou o cosmopolitismo que traslucen as páxinas de Luces de bohemia permitirían relacionar esta antitradición coa estética modernista. Este contraste intencionado aproxima aínda máis se cabe a obra á esencia do esperpento.