Evolución da poboación en España: natalidade e mortalidade
Clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,34 KB
Os réximes demográficos en España
No movemento natural da poboación española distínguense tres etapas ao longo das cales a natalidade, a mortalidade e o crecemento natural presentan trazos homoxéneos.
O réxime demográfico antigo
Ata principios do século XX caracterizábase polas altas taxas de natalidade e mortalidade e un crecemento natural baixo.
- A natalidade: O predominio dunha economía e dunha sociedade rurais nas que os fillos comezaban a traballar axiña e a inexistencia de sistemas eficaces para controlar a natalidade.
- A mortalidade xeral: As súas causas eran o baixo nivel de vida e as precarias condicións médicas e sanitarias. A dieta alimentaria era escasa e desequilibrada. As enfermidades infecciosas transmitidas a través do aire ou da auga e alimentos tiñan alta incidencia. Sumábanse momentos de mortalidade catastrófica por epidemias, guerras e malas colleitas.
- A mortalidade infantil: Tamén era alta, tanto a neonatal como a posnatal, polo que a esperanza de vida era baixa.
- O crecemento natural: Era baixo.
A transición demográfica (1900-1975)
Caracterizouse pola diminución da natalidade, o descenso da mortalidade e un elevado crecemento natural.
- A natalidade: Descendeu de forma suave e descontinua. En 1920 a natalidade recuperouse do descenso grazas á prosperidade económica. Entre o 30 e o 56 continuou o descenso pola crise económica do 29 e a inestabilidade política da Segunda República. A Guerra Civil ocasionou subnatalidade e a situación de posguerra causou o exilio. Todo isto impediu a recuperación dos nacementos que adoita seguir ás guerras. Entre o 56 e o 65 tivo lugar o baby boom, o que significa unha recuperación da natalidade. Os próximos dez anos diminuíu de novo o tamaño da familia e consolidouse un modo de vida industrial e urbano.
- A mortalidade: En xeral descendeu de forma acusada e continua, agás en dous momentos catastróficos: a gripe do 18 e a Guerra Civil. O incremento do nivel de vida manifestouse na mellora da dieta e os avances médicos reduciron a incidencia das enfermidades infecciosas. Tamén se incorporou a Seguridade Social.
- A mortalidade infantil: Tamén decrece e a esperanza de vida elévase.
- O crecemento natural: Da transición foi moi alto.
O réxime demográfico actual (a partir de 1975)
Caracterízase por:
- O descenso da natalidade: A partir de 1975 ata situarse en cifras baixas. Distínguense dous momentos:
- Ata o 98, cun brusco descenso dos nacementos. As causas foron: a situación económica atrasou a idade do matrimonio co conseguinte acurtamento do período fértil da muller, primeiro pola crise do 75 e desde 1980 pola precariedade laboral e o alto prezo de compra e de aluguer de vivendas; a sociedade española experimentou cambios de mentalidade e valores desde a transición á democracia; diminuíu a influencia relixiosa e difúndense os anticonceptivos, así como a incorporación da muller ao traballo. Gaña importancia as relacións de parella sobre as reprodutoras e o coidado de fillos.
- Dende 1998 a natalidade experimentou unha lixeira recuperación debida á inmigración, xa que a poboación española mantén o seu comportamento restritivo da natalidade e a inmigración colabora neste aumento.
- A mortalidade: Mantense en cifras baixas e trátase dun aumento aparente causado polo incremento do número de anciáns, posto que a mortalidade real continúa descendendo como demostra o aumento da esperanza de vida. Diminúe a importancia de enfermidades como as "tres C".
- A mortalidade infantil: Principalmente neonatal.
- A esperanza de vida: Aumentou grazas ao progreso da medicina, pero presenta diferenzas por sexo (son as mulleres as que teñen maior esperanza), por idade (as maiores ganancias téñenas os anciáns e mozos) e por status social (son as persoas con traballos con maior cualificación e clases sociais adiñeiradas).
- O crecemento natural: No réxime demográfico actual descendeu ata 1998 debido ás baixas taxas de natalidade e mortalidade.