A evolución urbanística de Barcelona
Clasificado en Geología
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,97 KB
Plano Barcelona
O seu emplazamento ao lado do mar Mediterráneo fixo que os romanos fundaran a cidade entre o río Llobregat e o Besós. A súa situación como capital de Cataluña, unha das rexións máis desenvolvidas do país, e o seu tamaño fan que a súa influencia sexa suprarrexional, articulando todo o eixe Mediterráneo
O plano representa tres grandes unidades morfolóxicas que se sucederon no espacio e a través do tempo: o casco histórico ou cidade preindustrial, o ensanche burgués e a periferia dos séculos XX e XXI.
Casco histórico ou cidade preindustrial
O casco histórico ou cidade preindustrial (anterior ao s.XIX) ocupa unha superficie relativamente pequena dentro da área municipal urbanizada. O casco histórico está delimitado por un sistema de rondas ou calles amplias que surxen ao derribar a muralla que fortificaba a cidade preindustrial e abarca o Casco Antiguo, el Raval, Sant Pere e a Barceloneta, huellas das distintas etapas históricas polas que atravesou a cidade. A Barceloneta é a expansión que se leva a cabo no s.XVIII, e que seguindo as ideas da Ilustración se organizou nun plano ortogonal de mazás rectangulares definidas por calles que se cortan en ángulo recto. Das edificacións que se levantaron no s. XVIII, practicamente non queda nada, porque a especulación do valor do chan intensificou a construción.
Ensanche burgués
No s. XIX Ildefonso Cerdá proxecta un ensanche en torno á cidade preindustrial, a superficie do mesmo superaba con moita á superficie da Barcelona preindustrial. Cerdá planifica o ensanche adoptando un plano ortogonal, é dicir, mazás cadradas delimitadas por calles que se cortan en ángulos rectos. Non obstante, na mazá cadrada, Cerdá introduce a novidade de rasgar as esquinas en chaflán, para facilitar a visualización aos condutores, desta maneira a mazá cadrada transformase en octogonal. Por outro lado, Cerdá, empapado das ideas sobre a importancia do aire e o sol na saúde, dota aos edificios de ditas condicións ambientais proxectando amplias calles entre as mazás. Co tempo o proxecto de ensanche de Cerdá, viuse modificado polo alto valor do chan que permitiu unha maior edificación en altura e pechar as mazás construíndo nos catro frentes.
Periferias dos séculos XX e XXI
No s. XIX, o feito de que Barcelona se converta nunha cidade industrial estimula o seu crecemento, englobando no seu plano novas expansións que supoñen a anexión á cidade do que eran pobos agrícolas transformados en barrios urbanos. O plano destas periferias non presenta a regularidade xeométrica e a amplitude de calles que ten o ensanche burgués. Nestas periferias localízanse os barrios industriais e barrios obreiros, con distintas morfoloxías relacionadas cos gustos urbanísticos e arquitectónicos das distintas etapas históricas.