Examen galego rexurdimento
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,19 KB
perifrasis verbais: ir + infinitivo pode expresar autoridade, intencionalidade, idea de movemento.Ter + que + infinitivo expresa obrigatoriedade. Poder + infinitivo expresa probabilidade. Estar + xerundio=estar + a + infinitivo ten valor xerundial. Andar + xerundio=andar + a + infinitivo indica un movemento continuado. Botar(se) + a + infinitivo indica o comezo dunha acción. Estar + a/para + infinitivo indica unha acción a piques de suceder. A cantiga de amor: Influida pola poesía cortes, e da forma da cançó, que nace no sur de Francia. Significa unha transposición do sistema feudal ao amor. Caracteristicas: suxeito lírico masculino, emprega a palabra senhor, poemas de 3 ou 4 cobras e 7 versos heptasílabos, octosílabos ou decasílabos, fronte á canço provenzal, a dona está idealizada, desenvólvese o concepto de coita de amor e sempre é un amor non correspondido. Cantigas de escarnio e maldicir: orixe nunha antiga poesía autóctona co influxo do servintes provenzal. Tipos: escarnio: equivocatio, dobre sentido, maldicir: palabras directas soeces e malsoantes. Temática: sátira sexual, social, xograresca, política, moral, literaria... Características: gran variedade temática e riqueza léxica; o obxectivo é a sátira, estrutura narrativa máis desenvolvida, elementos obscenos e equivocatio. galego-portugués: evolución: fase común do galego e do porgués ata o século XIV. Posteriormente aumenta o prestixio do portugués como lingua oficial fronte á marxinación do galego. Periodización: ata 1350 o galego é a lingua da cultura e da administración. Lingua normatizada e esplendor literario: lírica galego-portuguesa. Mostras de conflicto lingüístico con Fernando III. Desde 1350 o galego cede ao castelán o terreo da administración. Características Gran variabilidade lingüística e inestabilidade gráfica. Galego medio: a partir do século XVI, o castelán vai a ser a única lingua oficial e lingua de cultura xunto ao latín. O galego, lingua da maior parte da poboación, perde a presenza entre as clases dominantes e queda relegado a usos coloquiais. XVI e XVII: co renacemento e a impreta, mantense o prestixio doutras linguas mentres o galego só se conserva en usos orais e en rexistros populares, é relevante o factor desgaleguizador da Igrexa. XVIII: cambio na consideración do galego por parte dos ilustrados: reivindicación do seu uso no ensino, na igrexa e na administración. Inicianse os primeiros estudos lexicográficos. Proceso de vulgarización e castelanización. Galego moderno: dignificación social e recoñecemento cultural do idioma galego. Recuperación da escrita. 1808-1840: recuperación da escrita, 1840-1863 os provincialistas reclaman a escolarización en galego, 1863-1900 rexurdimento pleno, publucación de gramáticas e diccionarios e "cantares gallegos" de Rosalía de Castro, xorde a prensa en galego.