Experimentos de Química: Cromatografía e Densidade
Clasificado en Química
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,66 KB
Cápsula de Porcelana e Cápsula de Petri
Procedemento
- Quentar o carbón na cápsula de porcelana.
- Engadir o viño que hai no primeiro matraz ao recipiente de cristal onde se atopaba o carbón inicialmente.
- Engadir o carbón quente sobre o viño e remover. A continuación, colocar o Erlenmeyer limpo debaixo do funil e filtrar.
- Poñer no primeiro tubo de ensaio unha cantidade de viño puro (da probeta).
- No segundo tubo, unha cantidade de viño decolorado filtrado.
- Engadir o viño sobre o carbón activo.
- Mesturar e remover un par de minutos.
- Filtrar.
Determinación da Densidade dun Gas
Material
- Matraz Erlenmeyer
- Tubo de vidro
- Tubo de goma ou silicona
- Cristalizador
- Soporte e aro
- Probeta
- 1 tapón con burato
Reactivos
- Media pastilla efervescente
- Auga destilada
- Auga de cal
Procedemento
- Pesar a pastilla.
- Pesar o Erlenmeyer máis a auga.
- Engadir a pastilla e tapar inmediatamente, observando previamente ata onde chega a auga na probeta e anotando o nivel.
- Cando pare de pasar gas á probeta, anotar o novo nivel da auga.
- A diferenza entre os niveis dá o volume do gas en ml.
- Pesar o Erlenmeyer coa auga e os restos da pastilla.
- A diferenza entre a masa da pastilla + masa da auga + masa do Erlenmeyer e a masa determinada no apartado seis dá a masa do gas que se desprendeu en gramos.
- A densidade será igual á masa do gas dividida polo volume do gas (g/ml).
Cromatoloxía
É unha técnica de separación de substancias que se basea nas diferentes velocidades con que se move cada unha delas a través dun medio poroso, arrastradas por un disolvente en movemento. Imos utilizar esta técnica para separar os pigmentos utilizados nunha tinta comercial.
Material Necesario
- Unha tira de papel poroso
- Rotuladores ou bolígrafos de distintas cores
- Un vaso
- Un pouco de alcohol
Procedemento
Recortar un rectángulo de papel de filtro.
Dobralo á metade en forma de libro pola parte máis alongada. Polo extremo inferior, a medio centímetro, trazar con lapis unha liña recta paralela ao bordo inferior.
Sobre a liña debuxada a lapis, pintar tres puntos con rotulador de diferente cor cada un, separándoos a igual distancia. Nun vaso de cristal, engadir etanol, aproximadamente dun centímetro de altura. Dobrar o papel como se indicou con anterioridade e deixalo ata o día seguinte.
Fundamento Teórico da Cromatografía
Na cromatografía sobre papel distínguense dúas fases:
- Fase móbil: constituída polo disolvente que ascende polo papel, ao que se denomina eluente.
- Fase estacionaria: formada pola auga contida no papel de filtro, que retén de forma diferente cada unha das cores compoñentes da substancia que se vai analizar.
Exemplos:
- Fase estacionaria: papel, xiz, etc.
- Fase móbil: eluente, éter de petróleo, gasolina.
Simulación do Pulmón Artificial
Primeiro, conséguese unha botella de plástico e perfórase a un terzo da base. Despois, tamén se perfora o tapón. Tápase o burato da botella con cinta adhesiva.
Énchese a botella de auga ata unha altura determinada. Logo, ponse algodón e, seguidamente, o tapón e o *pitillo*. Ponse plastilina para que non saia nada de aire. Prender o *pitillo* e sacar a cinta adhesiva. Cando se acabe o *pitillo* e deixe de verter auga, vólvese colocar a cinta e déixase un día.