Expresións latinas e orixe dos topónimos galegos

Clasificado en Latín

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,08 KB

Expresións latinas

A posteriori: con posterioridade. A priori: polo que antecede. Ab aeterno: dende a eternidade. Ad kalendas graecas: para as calendas gregas-> non se vai realizar nunca.

Ad hoc: para isto. Ad libritum: a gusto. Ad multos annos: por moitos anos. Addenda et corrigenda: o que debe ser engadido e corrixido. Alea iacta est: a sorte está botada. Alma mater: nai nutricia. Ante meridiem: antes do mediodía. Ave, Caesar, morituti te salutant: ave, César, os que van morrer saúdante. Bis: dúas veces. Bona fide: de boa fe. Calamo currente: ao correr da pluma. Carnes tollendas: deben suprimirse as carnes. Carpe diem: aproveita o día. Casus belli: causa da guerra. Cave canem: coidado co can. Cogito, ergo sum: penso, polo tanto existo. Conditio sine qua non: condición sen a que non. Contra naturam: contra a natureza. Corpore insepulto: co corpo sen sepultar. Corpus delicti: o corpo do delito. Cum laude: con loanza. Curriculum vitae: carreira da vida. Cursus honorum: carreira de honores. De facto: de feito. De incognito: sen ser recoñecido. De iure: de dereito. Deo volente: se deus quere. Honoris causa: por honra. Do ut des: dou para que des. Dura lex sed lex: a lei é dura pero é a lei. Ecce homo: velaquí o home. Editio princeps: primeira edición. Errare humanum est: equivocarse é humano. Et cetera: e o demais. Ex aequo: por igual. Ex cathedra: desde o posto do mestre. Ex iure: segundo o dereito. Ex libris: dos libros de. Ex professo: adrede. Exempli gratia: por exemplo. Extra muros: fora das murallas. Facta, non verba: feitos, non palabras. Fiat lux: fágase a luz. Gratis et amore: sen cobrar é por amor. Grosso modo: sen moita exactitude. Habeas corpus: que teñas o corpo.


Orixe dos topónimos galegos

A Coruña: procede do substantivo común *clunia (palabra celta romanizada), "pradaría, lugar humido, fonte, manantial", en alusión ao entorno da actual Torre de Hércules. A Estrada: podería provir da voz popular galega estrada. O seu significado é extender xeralmente capas de toxo nas corredoiras no inverno onde había lama, pode vir do latín *strata. Acibeiro: referido a un lugar ou sitio poboado de acivros, deriva de *aquifolium ou *acifolium. Armenteira: de *armenteriam e este de *armentum, rabaño ou gando vacún. Astorga: de *Asturica Augusta, nome do emperador Augusto. Bembibre: de *bene vivere. Bierzo: deriva de Bergidum. Bonaval: de *bonam vallem. Conserva o xénero femenino de vallis,-is. Braga: era Bracara, convertida despois das guerras cántabras en Bracara Augusta. Caldelas: deriva de (aquas), presenza de augas quentes, termais. Cartagena: provén do fenicio Qart Hasasht "cidade nova". Castrelo: de castrum castellum, híbrido. Cebreiro: lugar onde houbo asnos bravos "cebros". Celanova: provén de cella ou cela, de habitación pequena, de mosteiro ou dependencia deste. Cimadevila: de cyma "lugar elevado" e villam. Compostela: O Cronicón Iriense (XI-XII) derivao de compositum tellus "terra composta ou fermosa". Sempre foi máis aceptada a interpretación de "villiña ben feita" debe provir do diminutivo latino compositella, "compoñer, construír" en alusión a un pequeno núcleo de poboación ou aldea ben construída. Córdoba: romanos Corduba. Era de esperar unha forma *Cuerva->forma Córdoba. Couto: provén de cautum "lugar cercado". Chantada: de plantatam, suposta destrución da vila coa reedificación de aí *plantata = a poboación. Outros relacionano coa defensa feita con estacas plantadas ou cravadas, podería ser que lle faltase un sustantivo como pedra *petra plantata. Feáns: do latín fenales, lugares onde abunda o fenum "herba seca". Filgueira: de filicariam, derivado de filicem, fieito. Lugar onde abundan os fieitos. Fisterra: finis terrae, "fin do mundo coñecido". Fondevila: de fonte da vila coa apócope do -te de fonte. Fonsagrada: deriva de fontem sacratam, "fonte sagrada".

Entradas relacionadas: