Extinción do Contrato de Traballo: Causas e Procedementos Legais

Clasificado en Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,89 KB

Por Vontade da Persoa Traballadora
  • Dimisión e Abandono:
    • Dimisión: Marcha voluntaria da empresa cumprindo co preaviso fixado.
    • Abandono: Marcha da empresa sen previo aviso. A empresa pode reclamar danos e prexuízos.
    • Sen indemnización e sen paro.
  • Incumprimento Grave da Empresa:
    • Falta de pago ou retrasos continuados no abono do salario: A xurisprudencia esixe 3 mensualidades de impagos ou que a acumulación dos retrasos sume 3 meses.
    • Modificación substancial do contrato que menoscabe a dignidade.
    • Outros incumprimentos graves.

Procedemento: Solicitar a extinción no Xulgado do Social. Se se estima procedente, corresponde unha indemnización de 33 días/ano traballado co tope de 720 días.

  • Vítima da Violencia de Xénero: Dereito a desemprego pero non a indemnización.
Por Vontade da Empresa

A) Despido Disciplinario

  • Baséase nun incumprimento grave e culpable da persoa traballadora.
  • Non hai indemnización, pero si desemprego.
  • Requisitos de forma: Carta de despido.
  • Se a persoa traballadora é:
    • Representante: Expediente contradictorio.
    • Afiliada a sindicato: Audiencia coas persoas representantes do mesmo.
Causas do Despido Disciplinario:
  • Faltas de asistencia e puntualidade.
  • Desobediencia.
  • Ofensas verbais ou físicas (segundo o CONVENIO COLECTIVO).
  • Diminución do rendemento.
  • Embriaguez/toxicomanía.
  • Acoso.

B) Reclamación do Despido

→ Procedemento común a calquera despido:

  1. Intento de conciliación no SMAC.
  2. Presentación da demanda no Xulgado do Social no prazo de 20 días hábiles.

→ Posibles sentenzas do Xulgado:

● Despido Procedente:
  • Xusta causa.
  • Carta de despido.
  • Non indemnización.
● Despido Improcedente:
  • 2 Causas:
    • Falta de acreditación do incumprimento.
    • Falta de carta de despido (supón un novo despido aos 7 días con carta).
  • Opcións da Empresa:
    • Indemnización de 33 días de salario por ano traballado cun máximo de 720 días.
    • Readmisión da persoa e pago dos salarios de tramitación.
  • Representantes de Traballadoras: A elección (readmisión ou indemnización) corresponde ao representante.
  • Indemnización e Salarios de Tramitación:
    • Ata febreiro do 2012: 45 días por ano cun máx. de 1260 días.
    • A partir de febreiro 2012: 33 días/ano con máx. 720 días.

Entradas relacionadas: