Factores humanos da agricultura: poboación, técnicas e políticas

Enviado por dani y clasificado en Economía

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,57 KB

Factores humanos da agricultura

O volume da poboación. As técnicas agrícolas. O destino final da produción. Na chamada agricultura de subsistencia a produción destínase ao consumo da familia campesiña, que cultiva todos os produtos que pode; na agricultura de mercado especialízase nun produto ou nun número reducido deles porque a produción se destina á venda. As políticas agrarias inflúen decisivamente nas características e na evolución da agricultura mediante distintas medidas: leis de reforma agraria, plans hidroloxísticos que permiten regar novas terras, axudas económicas ou fixación de cotas para unha determinada produción.

Como é a agricultura de mercado

A agricultura de mercado ten como principal obxectivo obter o máximo beneficio. Lográselle por distintos medios:

  • Especialización da produción. Normalmente cultívase un só produto en cada explotación agrícola, o que simplifica o traballo e o uso de maquinaria e mellora os rendementos.
  • Mecanización dos labores do campo. Substitúese o traballo manual por maquinaria.
  • Aplicación de modernas técnicas de cultivo. Uso de fertilizantes que melloran a capacidade da terra e que permiten obter varias colleitas anuais; sementes de elevado rendemento; e, en lugares con climas moi secos e con terras moi pobres, cultívase en invernadoiros ou en terreos artificiais.

Efectos da agricultura de mercado

A alta produtividade permite baixar prezos. Ao localizarse grandes cantidades de produto en determinados lugares, axilízase a comercialización, pois as persoas que abastecen aos comercios non teñen que dirixirse a moitos sitios para adquirir todos os produtos que necesitan. Ao producirse grandes cantidades dun produto pódense utilizar transportes especializados para distribuílo e mellores técnicas para conservalo —conxelación, conservas, etc.—.

Entre os efectos negativos, os fertilizantes poden contaminar a terra e as augas e, en consecuencia, afectar á nosa saúde.

Conceptos económicos básicos relacionados

Ben: Un ben é todo obxecto que satisface unha necesidade e ten un valor.

Servizo: Un servizo é unha prestación destinada a satisfacer unha necesidade persoal ou social, pero non consiste na produción dun obxecto.

Investimento: Investimento é a cantidade de diñeiro que se destina a iniciar un negocio ou a mantelo e melloralo co obxecto de obter beneficios.

Entradas relacionadas: