Fases do aprendizaxe segundo a teoría de Kolb

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,41 KB

Un aprendizaxe óptimo require das catro fases, polo que será conveniente presentar a nosa materia de tal forma que garantamos actividades que cubran todas as fases da roda de Kolb. Con iso, por unha parte facilitaremos o aprendizaxe de todos os alumnos, calquera que sexa o seu estilo preferido e, ademais, axudaremos a potenciar as fases coas que se atopan máis cómodos.

Baséase na teoría do aprendizaxe experiencial, a cal describe 4 dimensións de desenvolvemento. 1. Os converxentes 2. Os asimiladores 3. Os diverxentes 4. Os acomodadores


Os converxentes:

  • Combinan o concepto abstracto coa experiencia activa
  • Son bos na aplicación das ideas
  • Bos en situacións onde hai máis dunha resposta
  • Non son emotivos, prefiren as cousas ás persoas
  • Os seus intereses son máis técnicos
  • Característicos dos individuos de enxeñaría

Os asimiladores:

  • Aprenden basicamente por observación reflexiva e conceptualización abstracta
  • Destacan polo seu raciocinio inductivo e por unha habilidade para crear modelos abstractos teóricos
  • Preocupanse menos co uso práctico das teorías que os converxentes
  • Perciben un ordenamento amplo e organizan lóxicamente
  • Interésanse máis polas ideas que polas persoas
  • Se o componente asimilador é excesivo pode tender a construír castelos no aire e ser incapaz de aplicar os seus coñecementos a situacións prácticas
  • Os que carecen de estilo de aprendizaxe de asimilación son incapaces de aprender cos seus erros e non enfocan o problema de maneira sistemática
  • Profesores, escritores, matemáticos, biólogos

Os diverxentes:

  • Combinan a experiencia concreta coa observación reflexiva
  • Ten habilidade para imaxinar, xerar boas ideas
  • Ven a situación de diferentes perspectivas, son emotivos, interésanse pola xente
  • Destacan en artes ou humanidades
  • Desenvólvense en consellería, administración de persoal e desenvolvemento organizacional

Os acomodadores:

  • Combinan o concreto coa experiencia activa
  • Habilidade para levar a cabo plans orientados á acción
  • Gústanlles as novas experiencias, son arriscados
  • Adáptanse a circunstancias inéditas
  • Son intuitivos, aprenden por ensaio e erro
  • Característica de individuos de negocios

Entradas relacionadas: