Feminismo, Educación e Protección Social no Século XIX

Clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,19 KB

O feminismo social en España

Coa situación social influída pola Igrexa católica, a economía atrasada e a política case sempre conservadora, o feminismo pioneiro non se centrou en reivindicacións políticas, senón en demandas sociais, como o dereito á educación ou ao traballo asalariado.

As mulleres feministas pioneiras: Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal.


A oposición ao sufraxismo

Foi a percepción do sufraxismo como unha ameaza á familia o que impediu a súa aceptación social, polo medo á destrución da familia e, con ela, á destrución do papel reprodutor das mulleres.


Cambios ao final do século XIX

  • Os cambios políticos, económicos e sociais que viñeron unidos á “Segunda Revolución Industrial” na década de 1870, provocaron unha aceleración do movemento feminista.
  • En Gran Bretaña, por exemplo, a principios do século XX o 70.8% das mulleres solteiras, entre 20 e 45 anos, tiñan un traballo remunerado.
  • Diferenza entre os países protestantes que tiñan un movemento sufraxista forte e os países católicos, máis conservadores.


Extensión da educación

A educación no século XIX foi considerada polas clases burguesas como o mellor instrumento para reforzar o sentido de clase dos novos cidadáns.


A ensinanza primaria

Os Estados europeos dedicaron especial atención a que as súas poboacións alcanzasen un nivel mínimo de alfabetización, para o que financiaron a escolarización obrigatoria e controlaron os centros educativos.

Diferenzas entre países católicos e protestantes.


A ensinanza media

Adquiriron gran relevancia os estudos científicos e técnicos, que se separaron dos centros militares. Os liceos ou os ximnasios europeos.

En España houbo tamén algúns avances culturais, como o krausismo con repercusión na ensinanza privada ou A Institución Libre de Enseñanza (1876).


A ensinanza superior

O acceso das primeiras mulleres aos estudos universitarios dáse na década de 1870, na Facultade de Medicina de Barcelona.


A educación feminina

Características diferenciadas da masculina: menos tempo, diferentes contidos, máis absentismo escolar no medio da polémica en España entre educación (adquirir os coñecementos precisos para que as mulleres cumpran co seu papel) e instrución (adquirir coñecementos intelectuais coa conseguinte masculinización segundo os pensadores).


Medidas de protección social

  • Campañas que denuncian a explotación das mulleres e os nenos na industria, para conseguir unha lexislación protectora a finais do século.
  • Regularización do traballo, prohibición do traballo nocturno ás mulleres, idade mínima para traballar os nenos e nenas lexisláronse antes da Guerra Mundial, mediante a presión dos sindicatos, que en ningún momento reivindicaron a igualdade salarial dos traballadores de ambos os sexos.

Entradas relacionadas: