Fenómenos Ondulatorios e Tipos de Ondas: Guía de Física

Enviado por Bernabe y clasificado en Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,78 KB

Principais Fenómenos Ondulatorios

Reflexión: É o fenómeno polo cal unha onda cambia a súa dirección de propagación ao chegar á superficie de separación de dous medios, sen cambiar de medio.

Interferencia: Superposición de dúas ou máis ondas nun punto.

Principio de superposición: Di que a vibración resultante no punto de interferencia é a suma das perturbacións que sufriría dito punto debido á acción individual de cada unha das ondas se actuasen independentemente.

Interferencia construtiva: É aquela que ten unha amplitude maior (en valor absoluto) que cada unha das amplitudes das ondas iniciais, como consecuencia do reforzamento entre elas.

Interferencia destrutiva: Cando ten unha amplitude menor (en valor absoluto) que cada unha das amplitudes das ondas iniciais, como consecuencia dos estados contrarios das dúas ondas iniciais.

Difracción: É o cambio de dirección que experimenta unha onda na súa propagación cando se atopa con fendas ou obstáculos. Se o tamaño da fenda é maior que a lonxitude de onda non hai difracción; se son iguais, si que a hai. Canto menor sexa o tamaño da fenda, maior será o efecto.

Polarización: Fenómeno ondulatorio no que se consegue limitar os planos de vibración dunha onda transversal; así, a onda vibra nunha única dirección.

Refracción: Cambio de dirección de propagación ou de sentido que experimenta unha onda cando pasa dun medio a outro.

Onda estacionaria: Son ondas que se propagan na mesma dirección pero en sentidos opostos. Teñen igual frecuencia, lonxitude de onda e amplitude (que varía para cada punto).

Dualidade corpúsculo-onda: Dedúcese que un conxunto de partículas pódense comportar como unha onda e viceversa. Polo tanto, todo conxunto de partículas en movemento ten asociada unha lonxitude de onda.

Definición e Clasificación das Ondas

Onda: É unha perturbación que se propaga. Tipos:

  • 1) Segundo a dirección da perturbación e o avance desta:

    • 1.1 Lonxitudinal: Perturbación e propagación nunha mesma dirección.
    • 1.2 Transversal: Perturbación e propagación son perpendiculares.
  • 2) Segundo o tipo de enerxía que se propaga:

    • 2.1 Mecánica: Necesita un medio físico.
    • 2.2 Electromagnética: Non necesita medio físico.
  • 3) Segundo o número de dimensións en que se propaga:

    • 3.1 Unidimensional, 3.2 bidimensional e 3.3 tridimensional.

Entradas relacionadas: