Filosofía e Actualidade: Arendt, Marx e Kant hoxe

Clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 11,36 KB

Hannah Arendt e a banalidade do mal hoxe

Nos últimos meses, medios como El País e organizacións como Human Rights Watch informaron sobre a ofensiva militar de Israel en Gaza entre 2023 e 2024. As cifras son estremecedoras: miles de civís, incluídos centos de nenos, foron asasinados. Os militares e funcionarios implicados afirmaron estar simplemente cumprindo ordes ou aplicando protocolos oficiais, sen cuestionar a natureza das súas accións.

Ao meu xuízo, esta noticia pode relacionarse coa filosofía de Hannah Arendt, especialmente co concepto da “banalidade do mal”, que desenvolveu na súa obra Eichmann en Xerusalén. Arendt analizou o caso de Adolf Eichmann, un burócrata nazi que organizaba a deportación de millóns de xudeus. No xuízo, Eichmann presentouse como un home mediocre que simplemente cumpría ordes, sen reflexión nin odio. Arendt conclúe que non era un monstro, senón alguén que deixara de pensar: un exemplo do mal banal, aquel que se comete sen conciencia crítica, dentro dunha estrutura burocrática que desresponsabiliza moralmente ao individuo.

Isto é aplicable ao conflito actual en Gaza. Os soldados que matan civís alegando obediencia están, como Eichmann, executando accións inhumanas desde unha lóxica técnico-administrativa que deshumaniza ás vítimas. O uso da linguaxe militar, os informes fríos e o tratamento das persoas como “danos colaterais” reproducen esa estrutura burocrática onde o horror se normaliza. Ademais, como indicaba Arendt, o totalitarismo desactiva a capacidade de pensar e fomenta a obediencia cega, o que tamén se observa cando os axentes do Estado actúan sen asumir a súa responsabilidade moral individual.

Desde o meu punto de vista, Arendt ofrécenos ferramentas valiosas para interpretar situacións onde a violencia extrema se xustifica mediante normas ou estruturas impersonais. A súa defensa da “vida activa” e da responsabilidade persoal diante das accións é esencial para construír unha sociedade libre e plural. A política, para ela, debe ser un espazo de acción consciente, non unha maquinaria que anula o xuízo ético.

Marx e a explotación laboral nas plataformas

Recentemente, coñeceuse a problemática situación laboral de moitos traballadores de plataformas dixitais como Glovo ou Uber. Estas empresas conectan usuarios con repartidores ou condutores que traballan como “falsos autónomos”, sen contrato, sen dereitos laborais e sen seguridade social. A pesar de xerar importantes beneficios para as empresas, os traballadores reciben só unha pequena parte da riqueza que producen.

O anterior pode relacionarse coa filosofía de Karl Marx, que analizou o sistema capitalista do século XIX e a súa relación co traballo. Para Marx, no capitalismo os traballadores están explotados, xa que os empresarios apropíanse da plusvalía, é dicir, do valor engadido que produce o obreiro co seu traballo. Isto tamén ocorre cos repartidores, que producen riqueza, pero só reciben unha pequena parte, mentres a empresa acumula os beneficios.

Marx tamén falaba da alienación: o traballador non se recoñece no seu traballo, nin no produto que crea, e vive afastado da súa propia humanidade. Isto sucede cando traballa longas xornadas sen estabilidade, sen relación cos demais compañeiros e sen control sobre o seu traballo. Para Marx, esta situación é consecuencia da estrutura económica capitalista, na que os medios de produción pertencen á burguesía e non ao proletariado.

Desde o meu punto de vista, é necesario mellorar as condicións destes traballadores recoñecendo os seus dereitos laborais. Pero como dicía Marx, isto non abonda: para acabar coa explotación, cómpre unha transformación profunda da sociedade, que elimine a desigualdade entre quen posúe os medios de produción e quen só ten a súa forza de traballo.

En conclusión, a situación dos repartidores dixitais pode explicarse coa teoría marxista sobre a plusvalía, a explotación e a alienación. A solución require non só reformas laborais, senón un cambio estrutural nas bases do sistema económico.

Kant e a ética ante situacións extremas

Recentemente coñeceuse un caso hipotético no que un alto cargo policial detén a un terrorista que se nega a revelar a localización dunha bomba que pode matar a centos de persoas. Ante a urxencia da situación, xorde a pregunta: sería lexítimo recorrer á tortura para obter esa información e salvar vidas?

Ao meu xuízo, esta situación pode analizarse desde a ética de Immanuel Kant. Para este filósofo, a moral non depende das consecuencias, senón do cumprimento do deber. A súa teoría baséase no imperativo categórico, que nos di que debemos actuar só segundo aquelas normas que poidan valer como lei universal. Se aceptamos a tortura nun caso, estaríamos aceptándoa como norma xeral, o que é inaceptable desde o punto de vista moral.

Ademais, Kant insiste en que nunca debemos tratar ás persoas como medios para un fin, senón sempre como fins en si mesmas. Torturar a alguén, aínda que sexa para salvar vidas, implica usalo como instrumento, o que vai directamente contra a súa dignidade. Por iso, mesmo ante unha situación extrema, a ética kantiana prohibe a tortura.

Na miña opinión, este caso amosa a tensión entre a utilidade e os principios morais. A filosofía de Kant é esixente, pero necesaria para defender os dereitos humanos en calquera circunstancia. Se aceptamos excepcións, poñemos en risco a base da moralidade e da legalidade.

En conclusión, desde a perspectiva kantiana, a tortura non é xustificable en ningún caso. A defensa do deber moral, da dignidade da persoa e da universalidade das normas debe estar por riba das consecuencias inmediatas.

Karl Marx: Biografía e pensamento clave

Biografía e influencias filosóficas

Karl Marx (século XIX): Pensador alemán, educado en ambiente liberal, estudou dereito e filosofía.

  • Influencia de Hegel:
    • Participa na esquerda hegeliana.
    • Adopta a idea da dialéctica e da alienación, pero invértea: para Marx, a realidade non é o espírito, senón a materia.
  • Feuerbach: Influencia materialista. Coinciden na importancia do ser humano concreto e sensible.
  • Engels: Colaborador de Marx.

Obras clave: Teses sobre Feuerbach, Manifesto do Partido Comunista, O Capital.

Influencias principais

  • Economía clásica (Adam Smith, David Ricardo): O valor das mercadorías depende do traballo.
  • Socialismo utópico: Marx valora a denuncia do capitalismo pero critica o idealismo inxenuo que pretende reformar a sociedade apelando á boa vontade.
  • Filosofía hegeliana: Asume a dialéctica e a alienación, pero critica o seu idealismo (prioridade do espírito sobre a materia) e o invirte poñendo ao ser humano por diante da espiritualidade.

Concepción do ser humano segundo Marx

  • Ser concreto, sensible e corporal → contrario ao idealismo de Hegel.
  • Ser social → non existe illadamente, senón en relación con outros.
  • Ser práctico e transformador → o ser humano realiza a súa esencia a través do traballo, transformando a natureza e a si mesmo. O traballo é a actividade esencial do ser humano, fronte á contemplación.

Materialismo histórico de Marx

A historia explícase polas condicións materiais e económicas da sociedade. A base real da sociedade é a súa infraestrutura económica, que condiciona a superestrutura (política, cultura, relixión...).

Dúas estruturas principais:

  • Infraestrutura:
    • Forzas produtivas: tecnoloxía, ferramentas, traballo.
    • Relacións de produción: quen posúe os medios e quen traballa neles.
  • Superestrutura:
    • Leis, política, ideoloxía, relixión… → determinadas pola infraestrutura.

Explícase a historia como loita de clases (dialéctica). Cada modo de produción contén unha contradición entre clases que leva ao seu fin e a aparición dun novo modo.

Modos de produción históricos:

  • Escravista: amos/escravos.
  • Feudal: señores/campesiños.
  • Capitalista: burguesía/proletariado.

A historia avanza por medio da cambian o sistema.

Obxectivo final: revolución cando as clases oprimidas toman conciencia e

  • Revolución proletaria → fin da propiedade privada → sociedade sen clases → comunismo.
  • Non hai explotación, todos comparten os medios de produción.
  • Fin da loita de clases →

Comentario de texto: A ideoloxía alemá

Introdución

O fragmento pertence ao libro A ideoloxía alemá, escrito por Karl Marx e Friedrich Engels en 1845-46. Trátase dunha obra moi importante porque nela os autores expoñen por primeira vez de maneira clara a súa crítica ao idealismo alemán (especialmente a Hegel) e presentan o que despois se chamará materialismo histórico.

O contexto é o da Europa posterior á Revolución Industrial, cunha nova clase social traballadora explotada e unha burguesía cada vez máis poderosa. Marx e Engels denuncian que os pensadores idealistas falaban de ideas, conciencia e espírito, pero esquecían as condicións materiais nas que vive a xente.

Eles propoñen analizar a historia desde a vida real das persoas, o seu traballo e as relacións económicas.

Resumo

Neste fragmento, Marx e Engels critican a filosofía alemá idealista e propoñen unha nova maneira de entender a historia e a sociedade: desde a vida real, material, das persoas. Non hai que partir das ideas, senón da vida e do traballo das persoas reais. A conciencia non é o que crea a vida social, senón que é a vida social a que crea a conciencia. Por iso, as ideas, a relixión ou a moral son produtos das condicións materiais, e non ao revés.

Desenvolvemento

A primeira idea importante do texto aparece cando os autores din que se opoñen á filosofía alemá que “descende do ceo á terra”. Eles queren facer o contrario: comezar pola realidade material, pola vida das persoas. Critican que os idealistas falen de como pensan, imaxinan ou representan os homes, e non da xente de verdade, que vive, traballa e sofre. Segundo os Apuntes UD8, isto é o que Marx chama “materialismo histórico”: unha forma de entender a historia que parte da vida concreta e das condicións materiais das persoas.

A segunda idea é que o pensamento e a conciencia das persoas dependen das condicións materiais nas que viven.

Os autores afirman que “as imaxes nebulosas no cerebro dos homes son sublimacións necesarias do seu proceso vital

Entradas relacionadas: