Filosofía del Dereito: Concepto, Aspectos e Definición
Clasificado en Física
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,98 KB
1. O CONCEPTO DE FILOSOFÍA DO DEREITO EN SUS DISTINTOS ASPECTOS. ANÁLISE CONCEPTUAL:
Unha primeira aproximación ao concepto de filosofía do dereito virá dada definindo esta disciplina como a proxección da filosofía ao campo do dereito. Pero esta noción resulta estéril se non vai acompañada da delimitación previa dos conceptos de Filosofía e de Dereito.
1.1. A FILOSOFÍA DO DEREITO EN SUS ASPECTOS SUBXETIVO E OBXETIVO:
La Filosofía do Dereito plantexa un orde diverso de cuestións segundo se a estude no seu aspecto subxetivo ou obxetivo.
1.1.1. Subxetivamente:
A filosofía do dereito preséntase como unha disciplina cultivada por xuristas e filósofos. Fichte di que se fai filosofía de acordo coa clase de home que se é, atopando aquí un primeiro motivo diferenciador. As necesidades que conducen ao xurista e ao filósofo a interrogarse sobre o problema da experiencia xurídica son distintas, e tamén é distinto o seu modus operandi.
1.1.1.1. Xuristas-filósofos:
Preferen a adopción da postura analítica, o que os leva a multiplicar as divisións e distincións coas que pretenden clarificar o estudo dos problemas obxecto de exame.
1.1.1.2. Filósofos-xuristas:
Propenden pola síntese, que consideran imprescindible para integrar os diversos aspectos da experiencia que lles serve de punto de partida.
1.1.2. Obxetivamente:
Estas diverxencias tradúcense, a súa vez, en dúas formas obxectivas de entender a Filosofía xurídica.
1.1.2.1. Filosofía aplicada:
Coherente proxección do sistema xeral do filósofo á problemática xurídica.
1.1.2.2. Filosofía rexional:
Pretende illar a experiencia xurídica dos restantes sectores da experiencia.
2. DEFINICIÓN SISTEMÁTICA DA FILOSOFÍA DO DEREITO:
A Filosofía do Dereito de filósofos e a Filosofía do Dereito de xuristas, tomadas en súa unilateralidade, son, igualmente, inaceptables para unha concepción da Filosofía do Dereito baseada na experiencia xurídica.
3. A FILOSOFÍA DO DEREITO COMO FILOSOFÍA DA EXPERIENCIA XURÍDICA:
O enfoque da concepción de Filosofía do Dereito entendida como reflexión crítica non se identifica ou agocha a través da súa historia co pensamento dun autor ou dunha escola, nin cos distintos sistemas xurídicos ou concepcións sobre a súa respectiva significación ao longo da historia.
3.1. En primeiro lugar:
A Filosofía da experiencia xurídica entraña unha reflexión explicativa, comprensiva e, á vez, crítica que ten por obxecto unha realidade complexa que debe asumirse na súa integridade.