A Filosofía de Marx: Capitalismo, Clases e Plusvalía
Clasificado en Matemáticas
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,26 KB
A Filosofía Materialista de Karl Marx
Contexto: A Revolución Industrial
A filosofía de Marx é unha interpretación materialista da sociedade moderna, onde xurdiron diversos cambios que levaron o mundo feudal ao moderno, no que foi chamada a Revolución Industrial. Este mesmo proceso económico estendeuse de modo sucesivo coas melloras de técnicas na agricultura, que levaron a un aumento da produción de alimentos e da poboación. O excedente de poboación vese forzado a emigrar cara ás cidades.
Logo, sucede un incremento da capacidade produtiva polo uso de novas máquinas, que produce tamén a diminución do número de traballadores. Estes cambios económicos van acompañados por outros, como que a terra se converte nunha mercadoría, nunha propiedade privada. A conversión da terra nun ben privado trouxo tamén a liberación da servidume do campesiñado.
A División en Clases Sociais
Prodúcese entón a división en clases sociais que caracteriza a sociedade moderna entre:
- Capitalistas: propietarios dos medios de produción.
- Asalariados: propietarios da forza de traballo.
A reivindicación do principio político de igualdade por parte destes últimos dará lugar ao pensamento socialista e ao de melloras sociais para o movemento obreiro.
O Movemento Obreiro e o Socialismo
As primeiras formas de protesta dos traballadores contra esta situación xorden en Inglaterra. Os obreiros vanse organizando por toda Inglaterra con reivindicacións ben definidas, como abolir as leis que prohibían as asociacións obreiras. No primeiro terzo do século XIX divúlgase o termo "socialista", que denuncia a énfase na liberdade individual e vai en contra do capitalismo. Unha situación confusa, a utópica, como dirá o propio Marx, aclárase ao se convocar unha reunión da maior parte dos sindicatos e organizacións obreiras de carácter europeo. Daquela emerxe o pensamento de Karl Marx, que entendía que o valor é valor de cambio.
A Teoría do Valor e a Plusvalía
O Valor na Sociedade Capitalista
En cambio, Marx desenvolve unha teoría do valor que vale só para a sociedade moderna, para as condicións sociais que definen o capitalismo. O valor prodúcese no consumo da mercadoría e non equivale ao seu valor de cambio. No texto lese que a xornada laboral se divide entre o tempo necesario para producir o valor da forza de traballo e o tempo engadido.
A Plusvalía Absoluta
Trátase de que o tempo engadido sexa o maior posible. Ese tempo engadido é a plusvalía absoluta. Que o tempo necesario para a produción da forza de traballo diminúa cada vez máis depende dos medios técnicos, o que implica que sexa unha sociedade na que o principio político de igual liberdade sexa irrealizable, pois a produción é só posible a partir da desigualdade.
A Contradición do Sistema
Isto forma parte dos principios políticos da democracia liberal. A estrutura esixe que todos os intercambios sexan entre propietarios cos mesmos dereitos, pero é unha esixencia que só se pode cumprir negando a propia estrutura económica. A revolución é un fenómeno característico da sociedade moderna.