Filosofía: Orixe, División e Historia

Clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,53 KB

¿Que é a filosofía?

Deseo de coñecer: Racional, Sistemático, Crítico

Actitude crítica: Cuestiona calquera verdade establecida e cuestiónase a sí mesma.

Ciencia suprema: Orixe do pensamento científico.

A filosofía dá o paso do mito ao logos

Mito: É o primeiro intento de comprensión do mundo e do ser humano, limitase a describir o mundo, é de autor descoñecido/colectivo, preséntase en forma de relato imaxinario con personaxes lendarios e carácter narrativo.

Logos: Aparece na antiga Grecia debido á importancia da vida pública e a cultura, Logos en grego significa razón, É o pensamento racional, É sistemático e crítico, Non ten carácter narrativo, senón o da reflexión filosófica.

División da filosofía:

Metafísica: Ocupase do ser da totalidade das cousas, da substancia primeira.

Lóxica: Estuda os razoamentos na súa expresión lingüística e determina a súa validez.

Epistemoloxía: Busca explicar qué é o coñecemento, en qué consiste, pregúntase qué é coñecer.

Ética: Reflexiona sobre a conduta humana, as accións e costumes. Trata sobre a moral.

Estética: É a rama máis recente da filosofía. Trata sobre a arte e a beleza.

Historia da filosofía

Filosofía antiga=Os presocráticos (VI a.C.) 1-Tales, Anaximandro, Empédocles, Pitágoras, Heráclito e Parménides. 2-Buscan coñecer cal é o principio ordenador da natureza. 3-Con eles nace a filosofía.

Os sofistas (V-IV a.C.) 1-Centranse no concepto de verdade e no lenguaxe cunha orientación práctica cara á política. 2-Mestres de retórica. 3-Sócrates foi moi crítico cos sofistas, e defendeu a busca da verdade e da virtude por enriba da utilidade.

Platón 1-Discípulo de Sócrates. 2-O filósofo debe elevarse ao mundo das ideas (conceptos universais). 3-O coñecemento consiste en recordar as ideas, que son innatas. 4-Platón é o primeiro en concebir a existencia dunha realidade inmaterial. 5-A polis debe ser gobernada por filósofos que alcanzaran o verdadeiro coñecemento.

Aristóteles 1-Estudia na Academia de Platón. 2-Funda o Liceo, unha escola en Atenas na que se levará a cabo unha clasificación sistemática dos saberes.

Tras a morte de Alexandre Magno nace a filosofía helenística, unha nova etapa na que destacan correntes como o estoicismo, o epicureísmo e o escepticismo, orientadas á vida; xurde tamén o neoplatonismo, de carácter máis místico.”

Filosofía medieval

Na época medieval a filosofía ten a función de: 1-Axudar a clarificar o significado da doutrina teolóxica cristiana. 2-Dar explicacións complementarias ás Sagradas Escrituras.

Patrística É a primeira escola cristiana medieval.

San Agustín • Trata sobre a relación entre a razón e a fe, a iluminación e o amor como vías de coñecemento, o libre albedrío, o concepto de tempo... • A razón axuda a alcanzar a fe e a profundizar no sentido da revelación. • A fe está por enriba da razón.

Escolástica Pódese definir como a asimilación do aristotelismo por parte do cristianismo.

San Tomás de Aquino 1-Hai cinco vías para argumentar racionalmente a existencia de Deus. 2-Pódese chegar a Deus tanto pola razón como pola fe. 3-Algunhas verdades só son accesibles mediante a fe, como o misterio da Trindade.

Nomealismo

Guillermo de Ockham 1-Os conceptos xeráis son creacións humanas sen entidade real. 2-Só existen individuos particulares, aos que designamos mediante nomes.

Renacemento(s. XV)

Humanismo O ser humano pasa a ser o centro da reflexión filosófica.

• Revolución científica Aparecen novas teorías como as de Copérnico, Kepler ou Galileo.

• Pensamento político Crease o xénero da utopía.

Filosofía moderna

1-Século das luces(XVIII) 1.1-A encyclopedie é a primeira enciclopedia moderna. 1.2-A ilustración busca a emancipación do home. 1.3-O romanticismo alemán, representado por Goethe, é unha exaltación da liberdade e o sentimento.

2-Racionalismo, busca os primeiros principios do coñecemento a través da razón.

3-Empirismo, Considera que a razón debe partir do dato sensible.

Filosofía contemporánea(táboa)

Fenomenoloxía: dá importancia ao suxeito e concibe a realidade como fenoménica. (Edmund Husserl)

Neopositivismo e filosofía analítica: considera os problemas filosóficos como problemas lingüísticos. (Bertrand Russell)

Existencialismo: afirma radicalmente a liberdade e considera o desamparo do ser humano. (Martin Heidegger)

Personalismo: parte do recoñecemento do valor e a dignidade da persoa desde unha óptica cristiana. (Emmanuel Mounier)

Estructuralismo: considera que as ciencias humanas son sistemas estruturados. (Claude Lévi-Strauss)

Hermenéutica: nega que o ser humano e os acontecementos poidan comprenderse se non é desde unha interpretación subxectiva. (Paul Ricoeur)

Escola de Frankfurt: fai unha crítica radical da tecnificación do mundo. (Max Horkheimer)

A filosofía e as outras disciplinas

Na antiga Grecia a filosofía abarcaba diversos ámbitos do saber que, co tempo, foron separándose en distintas disciplinas.

Ciencia: Ambos son saberes racionais e sistemáticos, comparten obxecto de estudo e ademais o primeiro filósofo, Tales de Mileto, é tamén o primeiro científico. O afastamento da filosofía prodúcese coa ciencia moderna.

Relixión: Como a relixión, a filosofía ten unha dimensión práctica e os seus intereses son similares. Sen embargo, a relixión é unha forma de saber baseada na fe e implica a creencia en verdades reveladas.

Arte: O arte plantexa problemas filosóficos e invita ao espectador a reflexionar sobre eles. Filósofos como Schopenhauer foron tamén artistas.

Estética: A economía ten que ver coa moral, posto que ocúpase de administrar os bens e, por tanto, condiciona os nosos hábitos e costumes. Isto a relaciona co interese práctico da filosofía.

Sentido e necesidade da filosofía

O escándalo da filosofía

Se criticou á filosofía: 1-A súa falta de acordo. 2-O seu carácter residual. 3-A súa ocupación en problemas ás veces considerados de pouca importancia. 4-O seu hermetismo.

Vixencia da actitude filosófica

A pesar das críticas, a filosofía conserva o seu valor porque é: 1-Problematizadora, xa que o seu valor reside nas preguntas que formula. 2-Universalista e interdisciplinaria, xa que trata de abarcar toda a realidade. 3-Crítica, posto que non dá nada por suposto. 4-Clarificadora, dado que busca resolver cuestións. 5-Práctica, pois o seu interese está orientado á vida.

A actitude filosófica é común a todos os pranteamentos, e é ademais unha actitude de admiración e asombro cara a todos eles.

Entradas relacionadas: