Filosofía racionalista e empirista: diferenzas e perspectivas
Clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,29 KB
Búsqueda de demostracións. Os autores racionalistas
DOGMATISMO: Esta postura parte dunha confianza ilimitada nas capacidades da razón e sostén que é posible adquirir un coñecemento seguro e universal, con total certeza. É dicir, que a realidade pode ser coñecida por completo e, na súa versión máis radical, que se pode chegar á verdade absoluta. Descartes, o seu dogmatismo era en certo sentido moderado, porque non se trataba de aceptar esas verdades sen máis ou asumilas como principios incuestionables por un simple argumento de autoridade, senón, máis ben, polas probas racionais que el creía aportado. ESCEPTICISMO:Esta postura é totalmente contraria ao dogmatismo, dado que afirma a incapacidade do ser humano para chegar á verdade. Os escépticos máis moderados consideran que é imposible obter un coñecemento completo da realidade porque a razón humana é limitada. Esta postura nega directamente a existencia da verdade, afirmando que ningún coñecemento pode ser tido por fiable e que todo pode ser posto en dúbida ou en cuestión. Hume empirista, terminou caendo nun escepticismo radical. De acordo con sua teoría epistemolóxica, só o que é comprobado a través dos sentidos pode ter validez desde un punto de vista cognoscitivo. Isto implica que as únicas afirmacións das que podemos estar totalmente seguros son as que se reducen a afirmar o
Este método tamén é empregado polas ciencias empíricas. Observación dun problema: O punto de partida de toda investigación científica atópase na observación de algún feito ou fenómeno. Formulación de hipóteses: Se formula unha hipótese que sexa quen de explicar o feito ou fenómeno observado. Dedución de consecuencias a partir da hipótese: Se deducen as consecuencias que se derivan da hipótese e que logo haberán de comprobarse. Contrastación ou comprobación das consecuencias. O experimento: As consecuencias comprobanse contrastándoas empíricamente, é dicir, comparándoas coa realidade, para ver se o que se establece nelas se corresponde co que sucede de feito. Esta comprobación realízase por medio de experimentos. Se non se corresponde co que había previsto a hipótese, dita hipótese resulta invalidada e hai que volver a plantear unha nova hipótese e repetir todo o proceso. En caso contrario, accéptase como explicación provisional ata que finalmente poida converterse nunha nova lei científica.