Filósofos Políticos: Locke, Kant, Maquiavelo e Hobbes

Clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,7 KB

John Locke (1632-1704)

John Locke é considerado o pai do empirismo. Con 50 anos le a Descartes e namórase da filosofía. A guerra non lle inflúe moito, xa que naceu 34 anos máis tarde que Hobbes, pero si que lle influíu a Revolución Gloriosa de 1688, pola que se exiliou a Holanda e despois regresou a Inglaterra. Dous anos despois escribiría os seus Dous tratados sobre o goberno civil. Segundo el, o poder non pode ser absoluto, pero ten que estar restrinxido.

Publica un libro con dous tratados. No primeiro critica a obra de Robert Filmer. Ademais, nesta época predominaba a teocracia. No segundo tratado xustifica o poder político e establece novas formas de lexitimidade. Neste tratado fala de que todas as persoas teñen unha parte de egoísmo, pero que tamén poden convivir en sociedade sen que ninguén os mande, e pon o exemplo da familia, que é unha estrutura prepolítica, xa que el cría nas normas prepolíticas, en comparación con Hobbes. Neste punto establece unha serie de dereitos naturais que serían: a vida, a propiedade, a saúde e a liberdade.

Este estado é viable, pero non hai autoridade, así que a xente vese na obriga de firmar un contrato.

Sociedade civil e sociedade política

A sociedade civil é unha sociedade entre iguais sen necesidade dunha autoría externa que os regule. Só se debería intervir no caso de que houbera conflitos. E na sociedade política a función do estado é garantir os dereitos, para o cal necesitaría policías, xuíces, etc.

Para que o estado non se exceda fai a división de poderes, a cal se divide en lexislativo, que era o máis importante para el; o executivo, que era o encargado de que as leis se cumpran; e o federativo, que se dedicaba ás relacións con outros estados estranxeiros.

Locke tamén opina que a crenza relixiosa é unha cuestión puramente privada. O estado só podería intervir se algunha crenza afecta á sociedade.

Contractualistas: son aqueles que afirman que existe un contrato para alcanzar a sociedade política. A Inglaterra da época estaba nunha guerra relixiosa. De feito, a Thomas executárono por un enfrontamento con Henrique VIII por negarse a crear unha nova igrexa apartada de Roma.

Immanuel Kant (1724-1804)

Immanuel Kant é a figura coa que remata a modernidade filosófica.

Teoría do coñecemento kantiana

Kant, en principio, era racionalista, pero con 50 anos leu a Hume, que era un autor empirista, e dirá que este o esperta do seu soño dogmático do racionalismo.

Etapa crítica

Iníciase porque observa limitacións no sistema racionalista. A súa primeira obra, chamada Crítica da razón pura, analizará a razón pura.

Teoría dos xuízos

Establece dous xuízos, que son:

  • Analítico: as súas características son que é universal, necesario e a priori.
  • Sintético: as súas características son que é particular, continxente, a posteriori e informativo.

E, por último, o xuízo sintético a priori, que é universal e informativo, e é sempre verdadeiro e engade información nova, pero o seu problema é que é difícil de xustificar. Primeiro analizará como son posibles nas matemáticas, logo na física e, por último, na metafísica.

Nicolás Maquiavelo (1469-1527)

Nicolás Maquiavelo vivía en Florencia, que nese momento non existía como unha entidade política, senón que estaba fragmentada. Isto fixo que reflexionara sobre estas cuestións. Debido ao seu traballo como conselleiro, estaba moi familiarizado cos asuntos políticos, pero acabará sendo encarcerado e tendo que mandarlle unha carta a Lourenzo de Medici para que o puidese liberar, xa que tiña moito poder. Publica a súa obra O príncipe para os príncipes ou os que aspiran a selo, para axudarlles a conseguir ou conservar o poder. O fin sería adquirir o poder e conservalo, aínda que haxa que ignorar as normas morais. Por iso o consideran o pai da ciencia política, porque entende que a política é un ámbito autónomo. Os príncipes teñen que ter, segundo el, un carácter chamado o raposo e o león.

Thomas Hobbes (1588-1679)

A súa gran obra foi O Leviatán, en 1651, que a escribiu xusto ao rematar a guerra, intentando defender o goberno absolutista. Defende que a sociedade política ten que ir acorde a como son os individuos. Por iso se lle fai un estudo no estado de natureza, onde non hai autoridade nin nada. A única resposta é a violencia entre eles para conseguir un ben propio, e chegan á conclusión de firmar un tratado.

Entradas relacionadas: