O final do califato en Al Ándalus e os cambios económicos, sociais e culturais
Clasificado en Física
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,04 KB
O final do califato. (1000 - 1030)
Poco antes do ano 1000, cando Al Ándalus estaba no seu maior esplendor, comezou a declinar o poder dos califas. É a época do Hachib Almanzor que se fixera cargo do califato durante a minoría de idade do Califa Hisham II, e acabou concentrando todo o poder político e militar. Á morte de Almanzor no ano 1002 comezaron en Al Ándalus as tensións que desembocaron na guerra civil (fitna) que terminaría desintegrando o Estado califal en multitude de pequenos reinos chamados taifas.
As taifas e as invasións bereberes (1031 – 1244).
A desintegración do califato deu lugar a unha vintena de pequenos Estados independentes, chamados taifas. Estas con frecuencia se atopaban enfrontadas entre si e iso facilitou o avance dos reinos cristiáns, que aproveitaron para ir sometendo ás taifas e cobrárlles tributos, creando unha orde estable durante algún tempo.
Os almorávides (1086 – 1144).
Pero no ano 1085 o Rei de León Alfonso VI o Bravo tomou a taifa de Toledo. A resposta das taifas foi poñerse de acordo para solicitar a axuda militar dos almorávides, uns monxes-soldados que no ano 1086 cruzaron o estreito de Xibraltar e derrotaron aos cristiáns en Sagrajas (cerca de Badaxoz). Poco despois reunificaron as taifas baixo unha estrita ortodoxia relixiosa.
En 1044, ante o empuxe constante dos reinos cristiáns e os problemas internos, caeu o Estado almorávide e de novo o Estado andalusí fragmentouse nos segundos reinos de taifas.
Os almohades (1146 – 1232).
Non pasou moito tempo, só dous anos, para que un novo poder musulmán, esta vez o dos almohades, tamén monxes-soldados norteafricanos, entraran na Península; e de novo reunificaron o territorio baixo a ortodoxia relixiosa. O Estado almohade sucumbiu en 1212, cando foron derrotados pola coalición cristiá na gran batalla das Navas de Tolosa (na actual provincia de Xaén). A partir de aí falamos das terceiras taifas, que foron desaparecendo baixo o empuxe dos reinos cristiáns. Excepto a taifa de Granada, que subsistiu ata 1492, cando en tempo dos Reis Católicos foi sometida á Coroa de Castela.
Resume os cambios económicos, sociais e culturais introducidos polos musulmáns en Al Ándalus.
Cambios económicos
Seguramente é a agricultura o sector económico no que son máis evidentes as melloras introducidas polos musulmáns. Estas melloras están relacionadas coa técnica do regadío, que coñeceu unha gran expansión coa construción dunha ampla rede de acequias e de ingenios como a noria (aplicando a teoría dos vasos comunicantes).
Pero ademais trouxeron os árabes cultivos novedosos na península como o naranxo e o arroz, e intensificaron outros como a moreira, cuxo fin principal era a cría dos gusanos de seda, que permitían a elaboración de tan prezado tecido.