Financiación a largo prazo e eficacia empresarial

Clasificado en Derecho

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,1 KB

Emprestito

Forma de financiación a largo prazo. É unha fonte de financiación allea dividida en parte alícuotas chamadas obrigacións. Os empréstitos de obrigacións solicítanse. Existen ocasións en que o volume de recursos financeiros que necesita a empresa é tan elevado que resulta difícil encontrar entidades financeiras que estean dispostas a facilitar a cantidade necesaria. Neste caso, pode optarse por fraccionar a totalidade dos recursos que necesita en títulos de nominal máis reducido que farán que a súa colocación entre os aforradores privados sexa máis fácil. A débeda total recibe o nome de empréstito, mentres que cada un dos títulos en que se divide se denomina obrigación.

Leasing financiero

Forma de financiación a longo prazo. O leasing financeiro é un contrato de arrendamento polo cal unha empresa de leasing adquire un ben ao seu nome, alugao a outra que fará uso del a cambio dunhas cota que pagará periodicamente, e ofrécelle a opción de compra por un prezo denominado valor residual. Neste contrato interveñen tres empresas, a vendedora, a de leasing e a usuaria.

Eficacia

Implica a consecución dos obxectivos previamente plantexados pola empresa. Unha empresa será eficaz se cumpre cos obxectivos plantexados. Pero non basta con ser eficaz, a empresa debe ser tamén eficiente. A eficiencia é a relación entre os resultados obtidos e os recursos plantexidos. A mellor empresa é a que logra ser eficaz e eficiente, é dicir que alcanza os obxectivos establecidos utilizando os seus recursos de forma óptima.

Patente

É un dereito exclusivo concedido a unha invención, que é o produto ou proceso que ofrece unha nova maneira de facer algo, ou unha nova solución técnica a un problema. Unha patente proporciona protección para a invención ao titular da patente. O titular dunha patente ten o dereito de decidir quen pode utilizar a invención patentada durante o período en que esta protexida a invención. O titular da patente pode dar o seu permiso ou licenza a terceiros para utilizar a invención de acordo a termos establecidos de común acordo.

Ruptura de stock

Chamamos stocks ou existencias dunha empresa ao conxunto de materiais e artigos que se almacenan, tanto aqueles que son necesarios para o proceso produtivo como os destinados á venda. Por tanto, unha ruptura do stock é a situación na que se sitúa a empresa cando o fluxo de produción se rompe, é dicir, a empresa pode quedarse sen reservas polo que se interromperá o proceso produtivo e non poderá atender a demanda. Así pois para unha boa xestión de inventarios é necesario evitar as rupturas de stock.

Segmentación do mercado

É un proceso de división do mercado en subgrupos homoxéneos co fin de levar a cabo unha estratexia comercial diferenciada para cada un deles que permita satisfacer de forma máis efectiva as súas necesidades e alcanzar os obxectivos comerciais da empresa. A segmentación pon de manifesto as diferenzas nas características e necesidades dos consumidores e permite detectar cales delas son importantes.

Logística

É unha función do marketing. É un elemento da distribución e refírese ao conxunto de operacións levadas a cabo para que o produto recorra o camiño que dista desde a súa punta de produción ata o seu punto de consumo. As operacións que comprende a logística son: Procesamento de pedidos, manexo de materiais, embalaxe, transporte do produto, almacenamento, control do inventario, servizo do cliente. O funcionamento efectivo da logística pode ser un factor esencial para manter unha vantaxe competitiva sobre todo en empresas que leven a cabo unha distribución intensiva.

Organigrama

Función de organización. É un gráfico que representa a estrutura da empresa e cuxa misión principal é informar aos distintos componentes dunha entidade cal é a súa posición dentro da mesma e que relacións existen entre ditos componentes. Os organigramas tamén serven para terceiros, alleos á empresa pero que se relacionan con ela, coñezan os interlocutores válidos en cada situación.

Entradas relacionadas: