Follas Novas de Rosalía de Castro: análise e temas principais
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,31 KB
Follas Novas
O libro estaba listo para ser publicado en 1872, pero non o foi ata 1880. A intención do libro é ofrecer un mundo poético diferente ao de Cantares Gallegos, para introducirse nun romanticismo filosófico de raíz intimista, escéptico respecto á utilidade da escrita e pesimista sobre a condición humana. Rosalía chega a interiorizar as penas e sufrimentos alleos. Rosalía presenta a existencia humana na súa diversa problemática.
Estrutura
Segue un proceso no que podemos descubrir as dúas tendencias de Rosalía (intimista e social):
Temática
1. Visión intimista
- Os sentimentos de soidade ou desamparo son os seus constantes compañeiros. Rosalía vai gañando conciencia de que a existencia é fonte de dor.
- O amor tamén está condenado ao fracaso. Para Rosalía, o amor é unha ilusión que se destrúe co tempo.
- Adquiren tamén protagonismo outras coitas como o odio, o resentimento e a vergoña.
- O repouso identifícase coa morte, mesmo se chega a contemplar o suicidio como fuxida do sufrimento.
- As constantes oscilacións entre as dúbidas e as crenzas non fan senón revelar a conflictividade humana e un radical sentimento de saudade que ela explicará de forma clara.
- Traxectoria espiritual ante a dor de viver, dende a esperanza de escapar dela ata o convencemento de que é inseparable da súa vida.
2. A visión social
- Neste libro tamén aborda a situación da muller escritora, constrinxida nos límites do sentimentalismo que lle impón a sociedade do século XIX.
- Isto explicaría a resistencia que tivo sempre a publicar.
- Rosalía fustiga con dureza as inxustizas e as hipocrisías sociais, aceptadas ás veces con resignación como parte da condición humana ou, polo contrario, incitando á rebelión e á vinganza.
- En Follas Novas desenvolve o tema da emigración.
Métrica e recursos
Variedade e complexidade métrica. O estilo é sinxelo e con poucos recursos expresivos. Un dos recursos expresivos que ela manexa con gran mestría é o símbolo. O máis coñecido é o da negra sombra. Outros simbolizan, como o cravo, unha dor concreta susceptible de ser arrincada, deixando un baleiro que simbolizaría a nostalxia desa dor.