Fonética e fonoloxía do galego
Clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 16,3 KB
Fonética e fonoloxía do galego
Chamamos Fonética á ciencia que estuda os sons, e Fonoloxía á que estuda os fonemas. Son: realización mental do fonema. Represéntase entre corchetes [a]. Fonema: imaxe mental do son. Represéntase entre barras /a/. Na nosa lingua temos 26 fonemas, 7 vocálicos e 19 consonánticos.
Vocalismo
O galego distingue sete fonemas vocálicos em posição tónica e pretónica, cinco em posição átona non final e tres em posição átona final absoluta. Os tres sistemas represéntanse do seguinte xeito:
PALATAIS CENTRAL VELARES
/i/ /u/ FECHADAS
/e/ /o/ SEMIFECHADAS
/ε/ /o/ SEMIABERTAS
/a/ ABERTA
/i/ /u/ FECHADAS
/ε/ /o/ MEDIAS
/a/ ABERTA
/e/ /o/ MEDIAS
/a/ ABERTA
En posição tónica e pretónica temos sete fonemas porque a oposición de abertura crea diferenzas de significado: Tónica: cómpre/compre, é/e, fóra/fora, nó/no, vén/ven, vés/ves, ceo/ceo... Pretónica: votar/botar (enviar fóra), pegada (pé)/pegada (pegar)... O galego mantén este sistema de sete vogais porque ten a necesidade de distinguir homógrafos.
Fenómenos no vocalismo átono
a) Prótese: adición dun a antietimolóxico: ARRADIO (a radio)
b) Aférese: supresión dun son ao comezo da palabra: INDA (aínda)
c) Epéntese: aparición da vogal i no medio da palabra: A IAUGA (a auga)
d) Anaptixe (tipo especial de epéntese): INGALATERRA (Inglaterra)
e) Síncopa: supresión dunha vogal no medio da palabra: BROA (boroa)
f) Paragoxe: adición dunha vogal ao final dunha palabra MULLERE (muller)
g) Apócope: perda da ultima parte da palabra. SAN (santo)
h) Palatalización: QUEIXÓN (caixón)
i) Harmonización vocálica por asimilación e disimilación: é a influencia da vogal tónica sobre a pretónica: DUMINGO, MARMURAR (domingo, murmurar)
j) Labialización: influencia dunha consoante labial sobre a vogal pretónica: ROMEDIO (remedio)
Metafonía nominal
1. É unha das principais modificacións do vocalismo tónico galego e constitúe un trazo definitorio da área lingüística galego-portuguesa, xunto a outros como a caída de L e N intervocálicos, as vogais medio-abertas e o infinitivo conxugado.
2. Definición: é a influencia asimiladora regresiva que exerce a vogal da sílaba átona final dunha palabra sobre a vogal da sílaba tónica precedente desa mesma palabra.
3. Principalmente é un –o final. Pode haber casos de –a final con certas dúbidas. Exemplos: NOVU> novo [‘noβο] METU> medo [‘meδo] HORA> hora [hora]
4. Non afecta a todas as palabras, só ás que posúen oposición de xénero.
5. Trátase dun mecanismo morfolóxico redundante na flexión de xénero: vogal fechada = masculino / vogal aberta = feminino. Agás: cego, vello, ferro, inverno, merlo, neto, certo, esta.
6. A metafonía non é sistemática. Cúmprese en sogro / sogra, cadelo / cadela, desexoso / desexosa… mais non se cumpre en cesto / cesta, raposo / raposa…
A gheada
Historicamente os estudiosos do galego rexeitaron a gheada por ser un trazo dialectal e de xente pouco preparada. Saco e Arce (1868) di que é un desvío da xente inculta ao querer falar castelán. As únicas voces a favor da súa inclusión na norma culta son as de Rosario Álvarez e Francisco Fernández Rei, pertencentes ao ILG, e son defensores da súa xénese interna.
As catro teses castelanistas da gheada (segundo Xosé Ramón Freixeiro Mato):
1. O cambio cara á gheada prodúcese nun contexto diglósico.
2. Ausencia de gheada en portugués.
3. Aparición primeiro da gueada nos falantes que tentan falar castelán (=portugués).
4. Presenza da gheada con forza en zonas máis castelanizadas; retrocede no resto.
Definición: aspiración do fonema oclusivo velar sonoro.
Extensión: PO, C, Oeste LU, O Cebreiro e Ancares de León.
Na costa é pouco sistemático. Cando antecede N a gheada transfórmase en [k]: ancazo.
O SESEO
É unha característica tradicional e mantén a continuidade do sistema galego-portugués. A aparición do fonema interdental /θ/ afástanos da nosa banda lingüística.
Tipos: Explosivo ou total (sapato) e implosivo ou parcial (lus)
Definición: é a non aparición do son interdental en certas comunidades de falantes. Extensión: a costa Ponteceso-Compostela-Tui, O Cebreiro, Ancares de León e Lubián (ZA).
O N VELAR
Non foi sempre considerado un fonema. Ricardo Carvalho Calero (RCC) afirmaba que era fonema porque a súa substitución levábanos a un cambio de signo: /υηa/ vs. /una/. Veiga Arias considerábao un alófono de /n/. Outros estudiosos dicían que a súa posición silábica era explosiva e polo tanto apoiaban a RCC.. Hoxe está considerado fonema baseándonos nos estudos de RCC. A primeira referencia é do Padre Sarmiento no s. XVIII.
A SÍLABA
Ditongo sempre en verbos do tipo cambiar porque a P1 do presente indicativo ten ditongo. Hiato sempre nos verbos do tipo afiar e suar porque a P1 do presente de indicativo ten hiato. Excepcións: ansiar e paliar poden conxugarse das dúas maneiras, con hiato ou ditongo. Cruel, Fiel e Truel son bisílabos, é dicir, as súas vogais forman hiato, pois fan o plural en –is. TL é homosilábico: a-tle-ta. BL é heterosilábico en sublingual, subliñar, subliminar.
Sempre que teñamos un i ou u tónicos acentuados e antecedidos ou seguidos de vogal, teremos hiato (raíz, saír, viúva, egoísmo, Luís, acentúo...). A excepción a esta regra é cando entre as dúas vogais hai un h, como en prohibo (existe o hiato, mais non leva til o i porque xa o marca o h). Tamén hai que ter en conta que as secuencias CUI E GÜI sempre son ditongos. Así, palabra acuífero ten ditongo e o til colócase por ser esdrúxula. O encontro de vogais que se produce en pediu e similares é un ditongo neutro. Só se acentuará o i se antecede vogal, como en construíu. Os verbos rematados en AER (caer), OER (moer), AIR (saír), OÍR (oír) e UÍR (destruír) fan a 4ª e 5ª persoas do imperfecto de indicativo con diérese no ï : SAÍR, saïamos, saïades. Esa diérese ten como función fundamental indicar que o i átono forma sílaba en por si. Alén disto, serve para diferenciar estas formas das correspondentes do presente de subxuntivo (agás nos verbos en UÍR) As familias de palabras farán como faga a palabra base: con ditongo ou con hiato.Atención:BA-LU-AR-TE
As variedades xeográficas
Delimitación xeográfica do galego. A delimitación xeográfica do galego non coincide coas fronteiras administrativas de Galiza. Tamén hai zonas galego-falantes en Asturias, León e Zamora. Variedades xeográficas. Chamamos variedades xeográficas ou diatópicas (os mal chamados dialectos) ás diferenzas que presenta a lingua en función da zona xeográfica concreta onde se fale. Os distintos trazos lingüísticos que nos permiten delimitar esas variedades son fundamentalmente fonéticos e morfolóxicos e a liña imaxinaria que sinala nun territorio o límite dun trazo recibe o nome de isoglosa. Trazos fonéticos:
A gheada: pronuncia do g coma unha aspirada en calquera posición (en vez de velar /g/)(amigo: amigho).
O seseo: inexistencia do son /Θ/, sendo pronunciado como /s/ (pronuncia alveolar e non interdental). Pode ser explosivo: en posición inicial de sílaba (cociña: cosiña). Ou implosivo: só en posición final (luz: lus).
Ditongo -oi. A evolución dos grupos fónicos latinos (-ult-,- uct-, -oct-, -ori-) deron en galego distintas solución: -oi- e –ui- son as maioritarias (multum, tructam,noctem, corium > moito, troita,noite, coiro e muito, truita,nuite e cuiro); no galego oriental e exterior tamén atopamos as variantes muto, mutio, truta, trutia.
Perda ou conservación do grupo cua/gua en palabras como catro/cuatro, gardar/guardar.
Características xerais dos bloques lingüísticos
:
OCCIDENTAL | CENTRAL | CENTRAL | ESTÁNDAR | |
GHEADA | SI | SI | NON | NON |
SESEO | SI | NON | NON | NON |
-ANUM /-ANAM | O IRMÁN A IRMÁN | O IRMAO A IRMÁ | O IRMAO A IRMÁ | O IRMÁN A IRMÁ |
PLURAL -N | CANS | CÁS | CAIS/CAES | CANS |
IL /EL , ISTE / ESTE | EL / ESTE | IL / ISTE | EL / ESTE | EL / ESTE |
TI / TU | TI | TI / TU | TU | TI |
CATRO / CUATRO | CATRO | CATRO / CUATRO | CUATRO | CATRO |
CANTADES / CANTAIS | CANTADES | CANTADES | CANTAIS | CANTAIS |
P2 PRETÉRITO INDICATIVO | COLLECHES /COLLICHES | COLLICHES | COLLICHES | COLLICHES |
CHEÍSMO/ TEÍSMO | CHEÍSMO(C. DA MORTE) /TEÍSMO (BAIXO MIÑO) | CHE (CI)/ TE (CD) | CHE(CI) /TE(CD) TEÍSMO (SUR) | CHE (CI)/ TE (CD) |
VÓS / VOSOUTROS | VÓS | VÓS/ VOSOUTROS (MINDONIENSE) | VÓS | VÓS |
Trazos morfosintácticos:
Coa perda do -n- intervocálico, danse varias posibilidades nos plurais dos nomes que en singular rematan en -n (can: cas, cais, caes; ladrón: ladrós, ladrois, ladroes). As isoglosas deste trazo marcan os límites dos tres bloques xeográficos. Tamén os plurais en –l : animales, animais e animás.
A evolución das terminacións latinas -anum, -anam, presenta dúas solucións maioritarias (-án para masculino e feminino: o irmán, a irmán) (-ao para masculino e -á para feminino: irmao, irmá).
Paradigmas dos demostrativos: diferenza xenérica con -e, -a, -o (este, esta, esto). Diferenza xenérica co masculino hipercaracterizado con i- (iste, esta, esto). Diferenza xenérica coa forma neutra hipercaracterizada con i- (este, esta, isto), recollida na lingua estándar.
Pronome suxeito de terceira persoa de singular el ou il.
Pronome suxeito de segunda persoa de singular ti ou tu.
Pronome átono de 3ª de CI : lle/lles e polo tanto llo/llelo.
Variacións da terminación verbal –des:-is, -s, -ndes ( de andades, andabades: andais, adábais (galego oriental e Baixo Miño), andás, andabás (no occidente coruñés), andandes, andabandes (sur ourensán e sudoeste pontevedrés).
Variantes no pretérito de indicativo en 3º e 2º persoa de singular: de colliches: colleches e colleste(s). Tamén colliu (no occidente coruñés) frente a colleu.
Cheísmo: che para CD e CI no occidente da Coruña: vinche na festa; deiche o libro.
Teísmo: pronome te para CD e CI no Baixo Miño, en falas do leste de Ourense e nas Portelas de Zamora: vinte na festa, deite o libro.
Formas do léxico: É específico, como a distribución dos verbos mirar e cheirar. Mirar no centro e sur de Pontevedra úsase como ver e como mirar. Cheirar desde Fisterra á Guarda e noutras áreas do sur de Galicia, non ten significación positiva ou negativa, é neutro e ese significado dáselle con adverbios: cheira ben ou cheira mal. Noutras zonas, cheirar ten o significado negativo de ulir mal. Bloques e áreas dialectais: están delimitados por isoglosas que corresponden á formación do plural dos nomes rematados en -n: pantalós, pantalóns, pantalois. Os tres grandes bloques están á súa vez divididos en áreas, subáreas e microsubáreas.
Bloque occidental: abrangue occidente da Coruña e Pontevedra. De carácter innovador en fonética. Trazos comúns: seso implosivo, gheada, plural -ns , o irmán/a irmán, suxeito ti.
Área fisterrá: seseo explosivo, cheísmo. Na zona do Xallas hai ditongo -ui no canto de -oi e vogal temática -i en 3º persoa de pretérito (colliu). Na zona do Tambre-Barbanza, emprégase –oi e vogal temática -e- (colleu).
Área bergantiñá: seseo explosivo, cheísmo. Presenta -oi e vogal temática -i-.
Área pontevedresa: ausencia de cheísmo. Subárea Ulla-Umia: ditongo -oi, paradigma de deícticos: este, esta, esto, vogal temática -e- en terceira persoa do pretérito. Microsubárea Verdugo-Miño: ditongo -ui, -oi, deícticos: este, esta, isto, distinción de vogal temática na terceira persoa do pretérito (colleu / partiu).
Bloque central: corresponde a boa parte das provincias de Lugo e Ourense e a franxa interior de Pontevedra e Coruña. Trazos comúns: non seseo, gheada na zona occidental, ditongo –oi-, plural –s (xamós), o irmao/a irmá, suxeito tu.
Área mindoniense: pronomes nosoutros e vosoutros no canto de nós e vós, vogal temática -e-(colleu, parteu), desprazamento acentual (cantábamos no canto de cantabamos).
Área lucu-auriense: deícticos iste, esta, esto, pronome il, uso das dúas vogais temáticas (colleu, partiu).
Bloque oriental: leste de Lugo e Ourense e zonas galegofalantes de Asturias, León e Zamora. É o máis conservador en fonética dos tres. Terminación -ín en lugar de –iño, conservación de CUA/GUA (cuatro), plural en –is (cais, xamois), formas con –ax en vez de –aix (caxa por caixa).
Área asturiana: mantén -l- intervocálico (animales), posesivos meu, tou, sou, mía, túa, súa. Terminación -íus, -ías (veciús, vecías), artigos el, a, l' (l'herba). Oposición singular/plural no pronome lle / lles, llo / llelo.
Área acaresa: gheada, vogais nasalizadas (cadêa, ûa), palatalización do a tónico (irmä), cheísmo e demostrativos estos, esos, aquelos.
Área zamorana: confusión en ditongos -oi- e -ou- (noite, noute, dous, dois) e ausencia de ditongo en muto, truta (moito, troita), terminación -iño fronte a -ín, pronome persoal lle-le para singular e plural e teísmo.