Fonética e Fonoloxía do Galego: Unha Introdución Detallada

Enviado por esteban_se y clasificado en Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,71 KB

Fonética e Fonoloxía do Galego

A lingua é un sistema de signos complexo formado por:

  • Fonema: É a unidade máis pequena da lingua, carece de significado (permite diferenciar palabras e pódese pronunciar).
  • Monema: É a unidade lingüística superior ao fonema e ten significado. Distínguense dous tipos:
    • Lexema: Contén o significado léxico.
    • Morfema: Contén o significado gramatical.
  • Palabra: Formada por un monema (ex: , chocolate) ou varios monemas (ex: cantante, inmóbil, paraugas).
  • Frase: É a unidade lingüística con sentido que cumpre unha determinada función. Exemplos:
    • Aquel can
    • Aquel can do veciño (frase dentro doutra frase)
  • Oración: É a unidade lingüística con sentido completo, non desempeña ningunha función dentro doutra oración e ten entoación propia. Consta dun suxeito e un predicado ou verbo (Exemplo: Este sábado Xosé visitou Canadá).
  • Enunciado: É a unidade comunicativa máis ampla e está constituída de xeito inmediato por oracións. Pode estar formado por unha ou varias oracións.

Vocalismo e Fonema

A representación gráfica dun fonema faise entre barras (ex: /a/). Do seu estudo ocúpase a fonoloxía.

O son é a realización física dun fonema. Represéntase entre corchetes (ex: [a]). Do seu estudo ocúpase a fonética. Un mesmo monema pode ser pronunciado de distintas maneiras.

O grafema, letra ou grafía, é a representación escrita dos fonemas.

A ortografía ocúpase do uso correcto das letras e os signos que empregamos na escrita (acento, til, etc.).

O Sistema Fonolóxico do Galego

O sistema fonolóxico do galego está constituído por 26 fonemas (7 vocálicos e 19 consonánticos). Os trazos que os definen son os seguintes:

VOGAISCONSOANTES
Facilidade na saída do aireResistencia á saída do aire
Maior sonoridadeMenos sonoridade
Constitúen o núcleo silábicoConstitúen a marxe silábica
Poden constituír sílabas soasNon poden constituír sílabas soas
Susceptibles de levar acento de intensidadeNunca levan til
Caracterización dos Fonemas

A caracterización dos fonemas baséase en tres trazos principais:

  • O grao de abertura ou modo de articulación.
  • A localización ou punto de articulación.
  • A sonoridade.
O Sistema Vocálico

O sistema vocálico baséase en dous trazos: a abertura e a localización.

Segundo o grao de abertura, diferenciamos:

  • Abertas: /a/
  • Medias: semiabertas e semipechadas
  • Pechadas: /i/, /u/

Segundo a localización:

  • Vogais anteriores: a lingua elévase na parte anterior da boca.
  • Vogal central: a lingua permanece inmóbil.
  • Vogais posteriores: a lingua elévase na parte posterior da boca.

En posición tónica, o sistema vocálico está formado por 7 fonemas. En posición átona, existen 5 fonemas. En posición átona final de palabra, só se conservan 3 fonemas.

Entradas relacionadas: