Formas Políticas e o Estado: Pensadores, Compoñentes e Democracia

Clasificado en Ciencias sociales

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,03 KB

Formas Políticas e Pensadores Clave

  • Maquiavelo

    Escribe sobre os tipos máis efectivos de goberno dende diversos puntos de vista.
  • Thomas More

    Na súa obra Utopía reflexiona sobre unha sociedade ideal.
  • Thomas Hobbes

    No seu libro máis coñecido, Leviatán, defende que o ser humano é malo por natureza.
  • Bossuet

    É quen mellor representa o absolutismo.
  • John Locke

    É un dos iniciadores da corrente liberal en política.
  • Montesquieu

    Perfecciona as ideas de Locke sobre a separación de poderes ao concretala en tres: lexislativo, executivo e xudicial.
  • Rousseau

    Contradí as teorías de Hobbes ao defender que o ser humano é bo por natureza e é a sociedade quen corrompe esta bondade.

As Compoñentes Fundamentais dun Estado

  • Territorio Delimitado: Un espazo trazado con fronteiras dentro das que o Estado exerce a súa soberanía de xeito completo.
  • Cidadanía: Unha poboación con dereitos e deberes plenos sobre a que o Estado realiza as súas funcións.
  • Estruturas de Goberno: Institucións, organismos e medios necesarios para exercer ese goberno.
  • Capacidade Administrativa: Que permita ao Estado exercer as súas funcións nos diferentes ámbitos.
  • Normas e Leis: Que determinen as relacións entre a cidadanía e desta co propio Estado, así como as consecuencias do seu incumprimento.

As Funcións Esenciais dun Estado

  • Establecer relacións con outros estados mediante a diplomacia e a participación en organismos internacionais.
  • Seguridade e Defensa: Interna e externa, tanto no plano policial como militar.
  • Regulación Económica e Laboral: Actúa como un axente económico e crea o marco de normas para as actividades económicas.
  • Provisión de Servizos Básicos: Proporciona servizos básicos á poboación e garante os seus dereitos.

Tipos de Estados Segundo a Forma de Goberno

Estados Democráticos

  • Soberanía Nacional: O poder descansa na cidadanía, que o exerce mediante o dereito de sufraxio e os mecanismos de control das institucións.
  • Sufraxio Universal: Dereito de voto periódico e en eleccións libres.
  • Pluralismo Político e Social: Posibilidade de crear partidos que representen as diferentes opcións políticas da sociedade.
  • Dereitos e Liberdades: Deben formar parte do ordenamento xurídico básico e estar garantidos polas leis e protexidos polo Estado.
  • Constitución: Nos países democráticos é normal que as leis fundamentais se recollan nunha Constitución.
  • Separación de Poderes: Entre executivo (goberno), lexislativo (parlamentos) e xudicial (tribunais), que ademais serven de contrapeso e control mutuo.

Entradas relacionadas: