Fósiles: Tipos, Proceso de Formación e Importancia
Clasificado en Geología
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,54 KB
Fósil: Definición e Conceptos Clave
Un fósil é o resto mineralizado dun organismo do pasado ou da súa actividade que se conservou ata os nosos días.
Procesos de Fosilización
- Un organismo morre e queda enterrado polos sedimentos.
- As partes brandas podrecen, pero a parte dura (cuncha, esqueleto, etc.) pode conservarse.
- Os sedimentos transfórmanse en rocha e a parte dura, se permaneceu o suficiente, fosiliza mediante os seguintes procesos:
- Lenta modificación mineralóxica.
- A cuncha disólvese e o oco é reenchido por minerais.
- O sedimento introdúcese no interior da estrutura.
Tipos de Fosilización
- Momificación en ámbar: Organismos, sobre todo insectos, quedan atrapados na resina fósil das coníferas.
- Momificación en asfalto: O petróleo escapa á superficie e, tras a oxidación, deixa un residuo fósil que inhibe a acción bacteriana.
- Momificación en xeo: Atópanse corpos conxelados, como o mamut, do que se coñeceu o contido do aparello dixestivo.
Información Proporcionada polos Fósiles
- A vida no pasado.
- O medio de formación da rocha.
- A idade da rocha.
Fósiles Guía
Un fósil guía determina a idade dunha rocha. Para selo, debe cumprir estas características:
- Viviron durante un período xeolóxico curto.
- Tiveron unha ampla distribución xeográfica.
- Foron abundantes nas rochas sedimentarias.
Datación e Principios Xeolóxicos Fundamentais
Actualismo: Coñecer os procesos actuais é a clave para interpretar o que sucedeu no pasado.
- Datación relativa: Non obtén cifras numéricas, só establece que é anterior ou posterior a outro evento.
- Datación absoluta: Indica idades numéricas concretas.
Principios Fundamentais da Datación Relativa
- Horizontalidade orixinal dos estratos: Os sedimentos deposítanse formando capas horizontais.
- Continuidade lateral dos estratos: Toda a superficie dun estrato ten a mesma idade.
- Superposición dos estratos: Os estratos máis baixos son máis antigos que os de arriba.
O Reloxo Radioactivo (Datación Absoluta)
Os isótopos radioactivos son inestables e liberan partículas (desintegración). Chámase semivida ao tempo que tarda en desintegrarse o 50% do isótopo inicial (pai) nun isótopo estable final (fillo).
Exemplos:
- Potasio-40 (pai) / Argon-40 (fillo); Semivida: 1300 millóns de anos (MA).
- Uranio-235 (pai) / Chumbo-207 (fillo); Semivida: 704 MA.
- Carbono-14 (pai) / Nitróxeno-14 (fillo); Semivida: 5730 anos.
A Historia da Terra e a Evolución da Vida
Hai 4600 millóns de anos (MA), colapsou unha nube interestelar, formando corpos que deron lugar aos planetas. A Terra estaba cuberta dun océano de magma e as capas diferenciáronse por densidade.
A Terra Faise Habitable
As rochas máis antigas depositáronse debaixo do mar hai 3800 MA. Os circóns de 4400 MA formáronse pola presenza de auga. A atmosfera era densa, cargada de CO2, nitróxeno e vapor de auga.
A Vida Cambiou a Terra
Os fósiles aceptados universalmente son bacterias filamentosas de 3500 MA. Apareceron organismos fotosintetizadores que:
- Achegaron O2 á atmosfera.
- Retiraron CO2.
O Cámbrico
- Apareceron animais provistos de cuncha.
- Aparecen os cordados.
- Xorden grandes grupos de seres vivos sen continuidade evolutiva clara.
A Vida nos Continentes
As bacterias colonizaron os continentes. Apareceron plantas terrestres que desenvolveron:
- Paredes celulares ríxidas.
- Raíces.
- Esporas e, posteriormente, sementes.
A Era dos Dinosauros (Mesozoico)
- Os ammonites ocuparon o mar.
- Fentos e coníferas foron as plantas dominantes.
- Aparecen as plantas con flor.
- Aparecen réptiles e dinosauros, algúns con plumas.
- No Triásico orixináronse os primeiros mamíferos.
Diversificación de Mamíferos e Aves (Cenozoico)
O Cenozoico é a era dos mamíferos; atópanse en todos os ambientes.
As plantas con flores apareceron no Mesozoico, pero diversificáronse enormemente no Cenozoico.
Os Nosos Antepasados e Outros Parentes (Homínidos)
En África áchanse os homínidos máis antigos. O fósil máis antigo de Homo sapiens ten 195.000 anos.
Cambios Relacionados coa Hominización
- Bipedismo: Camiñar ergueito deixou as mans libres.
- Encefalización: Aumentou o volume do cerebro, o que cambiou a canle do parto e adiantou o parto.
- Desenvolvemento da linguaxe: Aparece o aparato fonador.
Diferenzas entre Homínidos e Simios
- Foramen magnum: Orificio da medula espiñal; nos homínidos está orientado cara a abaixo, nos simios cara a atrás.
- Disposición da cadeira: Nos simios é vertical e os fémures están separados; nos homínidos, os fémures son oblicuos.
- Cambio no pé: Alongouse o pé e o polgar aliñouse cos outros dedos.