Función e tipos de linfocitos e inmunidade artificial

Clasificado en Ciencias sociales

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,38 KB

Son os ganglios linfáticos, bazo e tecido linfoide asociado á mucosa. Nos órganos linfoides primarios prodúcese a formación e maduración das células do sistema inmune. Na médula ósea, ten lugar a maduración dos linfocitos B, mentres que no timo prodúcese a maduración dos linfocitos T. Nos secundarios iníciase a resposta inmune específica adquirida. Os ganglios linfáticos actúan como filtros recollendo e destruíndo axentes alleos. A función do bazo é eliminar células sanguíneas vellas e tamén ten función inmune. O tecido linfoide asociado á mucosa protexe fronte aos axentes patóxenos que utilizan as mucosas como vía de entrada.

-Suero e vacina (ex 3) - As vacinas producen unha activación de linfocitos T e B. No caso dos sueros, os anticorpos introducidos nos organismos actúan directamente sobre o antíxeno.

Inmunidade artificial: diferenza entre inmunitaria activa e pasiva

-A inmunidade artificial consiste en protexer a un individuo fronte a un patóxeno ou partícula nociva sen que teña que sufrir as consecuencias da infección ou do contacto coa mesma. -A activa, consiste na administración de vacinas, introdución de xérmenes mortos ou atenuados, incapaces de desenvolver a enfermidade ou que a desenvolven lentamente, pero que son portadores dos antíxenos específicos que desencadean a resposta inmune, concedendo memoria inmunolóxica ao organismo. É un método preventivo. A duración desta inmunidade é temporal ou permanente. A inmunidade artificial pasiva, cuxo principal método é a sueroterapia, consiste en inxectar ao individuo que sofre a infección, os anticorpos específicos do antíxeno causante, sen que haxa que esperar á resposta inmune do individuo. É un método curativo.

Linfocitos, linfocitos B e T. Macrófago. Diferenza entre inmunidade natural e artificial

-Linfocitos: son células inmunocompetentes de tipo leucocito que se atopan no sangue e na linfa. Dous tipos: -Os linfocitos B: son glóbulos brancos que se orixinan e maduran na médula ósea, son os encargados da produción de anticorpos e da resposta humoral. Unha vez o linfocito B é activado, pode dar lugar a células plasmáticas, que producirán anticorpos ou ben células de memoria. -Os linfocitos T: glóbulos brancos ou leucocitos que se orixinan na médula ósea e que maduran no timo. Os linfocitos T son os responsables da inmunidade celular. -Os macrófagos son células sanguíneas, orixinadas na médula ósea, que se orixinan a súa vez a partir dos monocitos. Son fagocitos que actúan como células presentadoras de antíxenos. -A diferenza principal consiste en que na inmunidade artificial se introducen no organismo substancias (sueros ou vacinas) para obter a resposta inmunitaria; mentres que a inmunidade natural adquirirase pola exposición a axentes patóxenos ou a través da placenta.

Linfocitos e os seus tipos. Explicar (ex 6). Características da reacción inflamatoria

- Reacción inflamatoria: É unha resposta inespecífica fronte a unha infección ou un axente alleo. Está mediada por fagocitos que liberan mediadores, os signos característicos da inflamación. Á vista aprécianse vermellores, incha, inflamación, picor, etc.

Entradas relacionadas: